Vol. 46 (2011): Textos a escape: a literatura e a cultura na era dixital, Estudios
Recibido: 29-04-2014
Aceptado: 29-04-2014
Cando falamos das redes sociais non só deberiamos ter en conta os compoñentes tecnolóxicos, comunicativos ou de ocio. As redes como Facebook implican, ademais, unha participación activa a través dos contidos que se consumen ou se verten nelas. Esta actividade pode ser analizada como a realización performativa dunha personalidade no ciberespazo. Neste artigo preséntase o uso das redes sociais como un exercicio de discurso: unha performance baseada na translación da realidade á rede.
Facebook, hipertexto, novas literaturas, performance, personalidade