Nota de copyright
Ao publicar en BGL, o autor cede todos os dereitos de explotación do seu artigo á Universidade de Santiago de Compostela, que, coas condicións e limitacións dispostas pola lexislación en materia de propiedade intelectual, é a titular do copyright.
Salvo indicación contraria, todos os contidos distribúense baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl
Outros datos estatísticos
Descargas
Descargas (Últimos 12 meses)
Olalla Cociña
Olalla Cociña Lozano (Viveiro-Lugo, 1979) publicou os poemarios As cervicais da memoria (VIII Premio de Poesía Avelina Valladares, Fervenza, 2004), aquí (intemperies) (Compostela/Grupo Correo Gallego, 2005), Libro de Alicia (VIII Premio Fiz Vergara Vilariño, Espiral Maior, 2008), Ningún precipicio (Toxosoutos, 2013; traducido para o castelán, Ningún precipicio, Diminutos salvamentos, 2017) e Vestir a noite (XIV Premio de Poesía Afundación 2016, Centro PEN Galicia, 2017). A súa obra pódese atopar en antoloxías como Das sonorosas cordas. 15 poetas desde Galicia (Ed. Olivia Rodríguez, Eneida, 2005), Letras novas, Sentimentalismo. Antoloxía de referencia. Etapa de implantación (Coords. Carlos Arias e Mariña Pérez Rei, Bubela, 2012), Novas_de poesía. 17 poetas (Ed. Ana Gorría, Fundación Uxío Novoneyra, 2013) ou Punto de ebullición: Antología de la poesía contemporánea en gallego (Ed. Miriam Reyes, Fondo de Cultura Económica, 2015). Entre 2011 e 2015 coorganizou en Santiago de Compostela o “Ciclo de lecturas poéticas Picaversos”. É xornalista e impartiu diversos talleres de animación á escritura e á lectura. Forma parte da banda de jangle pop Atrás tigre.