Contido principal do artigo

Alba Rozas Arceo
Universidade de Santiago de Compostela
España
Biografía
No 47 (2015), Estudos
DOI https://doi.org/10.15304/bgl.47.2176
Recibido: 13-10-2014 Aceptado: 21-09-2015 Publicado: 23-12-2015
Copyright Como citar

Resumo

A construción de mundos imaxinarios acompañados dunha representación gráfica constitúe nos nosos días un fenómeno de importancia crecente no desenvolvemento de diferentes manifestacións artísticas e culturais coma a literatura, o cine ou os videoxogos. O presente estudo pretende apuntar diversas vías de investigación á hora de dilucidar os motivos e as funcións que subxacen na creación de xeografías imaxinarias a partir das cales se desenvolven as obras literarias de fantasía épica. Con este propósito, ofreceremos, en primeiro lugar, unha aproximación crítica e valorativa ás principais perspectivas da xeografía literaria crítica e da xeografía imaxinaria, identificando os traballos a través dos cales diferentes investigadoras contemporáneos constituíron as súas nocións de xeografía literaria e imaxinación xeográfica. En segundo lugar, estudaremos as posibilidades de aplicación das aproximacións expostas como referentes para a análise da constitución de mundos imaxinarios. Finalmente, propoñeremos as posibilidades abertas por esta vía de análise na primeira obra de fantasía épica do filólogo e escritor británico John Ronald Reuel Tolkien: The Hobbit or There and Back Again. Este estudo permitirá determinar cómo a diferenciación entre os distintos ámbitos sociais, culturais e de poder, así como entre o referente real e a proxección narrativa e cartográfica das localizacións nas que se desenvolve a acción, favorece a posibilidade de estudar o espazo como un factor que ten repercusións sobre a narración. En última instancia, a percepción do espazo ficcional e a súa conformación, de acordo coa estrutura social e o contexto cultural do autor, servirán para dar conta das relacións entre as formas espaciais, o seu significado simbólico e os procesos sociais que se vinculan a determinadas creacións imaxinarias.

Citado por

Detalles do artigo