Vol 46 (2011): Textos a escape: a literatura e a cultura na era dixital, Estudos
Recibido: 30-04-2014
Aceptado: 30-04-2014
Unha historia protagonizada por adolescentes como a de Romeo e Xulieta é sen dúbida un grande atractivo para que as distintas industrias culturais queiran usala para atraer a este público, quepor un lado é un dos máis interesantes dende o punto de vista comercial, e polo outro é quen renova xeración tras xeración a vixencia desta historia, ou xa case tema universal. A través dunrepaso polas distintas adaptacións, representacións e reescrituras que se levan feito na cultura de masas da obra Romeo e Xulieta, especialmente nas últimas décadas, chegaremos á máis recentee vistosa, a que fixo a Royal Shakespeare Company en 2010 na rede social Twitter. Examinándoa apuntaremos as claves dunha narrativa transmedia, que non deixa de ser teatral nin performativa,pero explora as posibilidades futuras das redes sociais como un novo espazo de creación.
adaptación, cinema, cómic, internet, redes sociais, Romeo e Xulieta, Shakespeare, teatro, Twitter