No Arquivo da Catedral de Ourense (ACOu) custódiase o documento que se ofrece neste artigo, datado no século xv. Trátase dun inventario da dita catedral do cal Castro e Martínez Sueiro (1923: 458-461) transcribiron algúns fragmentos, pertencentes ao verso do folio 127, recto e verso do 128 e recto do 129, co encabezamento “Año 1493. Recuento de alhajas y reliquias de la Catedral”, que foron publicados co título Documentos del Archivo de la Catedral de Orense pola Comisión de Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense.
Ao final da transcrición, os autores recolleron a seguinte información “[o documento] contiene un largo inventario de ropas, misales, epistolarios, pontificales y libros de coro, pintados algunos de ellos y ‘Un misal que foi de sant cloyo, está en monterrey en casa de moldeyro’” (Castro e Martínez Sueiro 1923: 461). Foi precisamente esta indicación sobre a riqueza léxica a que nos levou á procura do documento e á súa lectura, que ofrecemos neste artigo precedida por unhas consideracións xerais, que achegan a descrición e estudo do texto, seguida dun aparato crítico de variantes existentes entre a transcrición parcial publicada no ano 1923 e a nosa proposta, os índices onomásticos, antroponímico e toponímico e, finalmente, logo da bibliografía, a reprodución fotográfica do documento.
O texto, que se edita de maneira íntegra, resulta de grande interese polo feito de dar a coñecer un documento parcialmente inédito, e neste caso increméntase pola súa achega histórica, que pon de relevancia a suntuosidade da Catedral de Ourense a finais do século xv, e pola súa riqueza léxica ao tratarse dun reconto de bens.
A propia tipoloxía textual, caracterizada polo inventariado de obxectos, ofrécenos voces relacionadas co ámbito cotián ([calca], capa, lenço, manto, pano, sábãa etc.), pero ao proceder dun centro catedralicio é moito máis interesante a presenza de termos vencellados ás técnicas e tecidos utilizados para a elaboración da indumentaria eclesiástica, que superaban en riqueza os materiais cos que se elaboraba a vestimenta da poboación civil e nalgúns casos ofrecen primeiras documentacións (bocalán ‘bocarán’, [borla], brocado, canbrays ‘cambraia’, chamalote ‘camelote’, olanda ‘holanda’, terçianel ‘terzanela’ etc.). Precisamente as voces do enxoval contidas no documento foron estudadas polo miúdo na tese O léxico do enxoval (ss. XIII-XVI). Contribución ao estudo semántico dos tecidos, vestiario e complementos na prosa documental galega ().
1. CONSIDERACIÓNS XERAIS
O documento orixinal, escrito en papel en letra precortesá () ou gótica galega con influencias cortesás (), está inserido no libro 8º (i) do notario ourensán Xoán de Ramuín coa referencia aco , Minutarios notariais, Xoán de Ramuín, libro 8º (i). Cómpre lembrar que era habitual entre os notarios desta época rexistrar en libros de notas o contido dos documentos que pasaban polas súas mans para que, no caso de teren que sacar unha copia no futuro, quedase constancia das escrituras que autorizaban. Deste notario recóllense trece libros no Arquivo da Catedral de Ourense; cinco deles, do dous ao seis, foron estudados por , e outros dous levan o número 8, motivo polo que empregamos a numeración romana (i vs. ii) para diferencialos.
O libro 8º (i) está formado por un conxunto doutros seis libros de diferentes tamaños cosidos entre si, agás o que aparece en cuarto lugar, que actualmente está descosido, pero debeu estar unido cos outros á capa. Este leva, á súa vez, unha capa de pergameo que contén un documento notarial escrito na súa cara interna. As súas dimensións son 31,8 x 23,5 cm e nel recóllese o inventario que editamos.
O manuscrito deste texto está constituído por un conxunto de doce folios cosidos con fío branco dobrado, cunhas dimensións de 31,5 x 22 cm. Están escritos a unha única columna e con dobre numeración: no recto, no ángulo superior dereito, lense os números romanos do cxxv ao cxxx e, no ángulo superior central, figuran os números romanos do xvij ao xxii. O seu estado de conservación é bo e o soporte acolle varias liñas escritas con anterioridade, que foron riscadas.
O documento editado recóllese en 6 folios e cinco deles forman parte dun ternión, agrupado nun fascículo e cosido na parte central aos 9 bifolios que constitúen ese caderno dentro do libro 8º (i). O folio cxxx (recto e verso) está escrito nun lado dun bifolio.
O esquema fascicular que presenta o libro 8º (i) é o seguinte:
2. CRITERIOS DE EDICIÓN
O obxectivo desta transcrición interpretativa é ofrecer unha versión do documento que sexa respectuosa co texto orixinal pero, á súa vez, que o faga intelixible para calquera lector que queira achegarse a el. Con base nestes principios, recóllense a continuación os criterios de transcrición seguidos que son, fundamentalmente, os propostos nas “Normas para a edición de textos medievais galegos” (), que se complementan coas observacións contidas no artigo “Edición de documentos medievais: problemas que presentan algunhas abreviaturas” ().
2.1. Disposición do texto
Para facilitar a lectura ofrécese o documento dividido en parágrafos. O cambio de liña indícanse cunha barra recta | e márcase a numeración cada cinco liñas co número en superíndice. Cando no manuscrito unha palabra está escrita entre dúas liñas, mantense a barra recta unida ás dúas partes que constitúen a palabra e non se numeran esas liñas (cár|denas, liñas 20-21, [folio cxxvj v]) coa finalidade de mostrar a disposición orixinal no manuscrito. Ao tratarse dun texto escrito en varios folios, o paso dun a outro sinálase con dúas barras rectas ||.
Na marxe dereita da edición do texto reprodúcese a numeración que aparece no folio, con indicación do recto (r) e do verso (v).
Finalmente, os aditamentos fóra da caixa da escritura aparecen recollidos mediante nota ao pé.
2.2. Introdución e supresión de caracteres ou palabras
De ser preciso restituír algunha letra ou forma, márcase encadrándoa entre corchetes [ ] (conté[n] l. 22, f. cxxvij [r], foron | da dita cruz que [son] quatro... ls. 37-38, f. cxxviij [r]) e explícase en nota a intervención realizada.
Cando cómpre suprimir algunha letra ou palabra repetidas por erro no manuscrito, utilízanse as parénteses ( ) para marcalo e non se eliminan na edición: tódoslos (los) (l. 8, f. cxxv [r]), con seus rramales que ten (que ten) (l. 19, f. cxxviij [r]) etc.
2.3. Separación e unión de palabras
Modernízase a unión e a separación das palabras seguindo os criterios actuais e, así mesmo, fanse as contraccións habituais entre as preposicións e outros elementos da oración que determina a norma moderna: dela (l. 18, f. cxxx [r]), tódaslas (l. 5, f. cxxvij [r]), perlo (l. 22, f. cxxvj [r]) etc. Con todo, cando hoxe na escrita non se fai a elisión da vogal e da preposición de sinálanse cun apóstrofo (’): d’altar (l. 36, f. cxxvj [r]), d’estano (l. 33, [f. cxxv v]; l. 17, f. cxxviij [r]), d’Ouréns (l. 2, 6, 7, 12, f. cxxv [r]; l. 7, [f. cxxix v], l. 3, f. cxxx [r]) etc.
No tocante aos topónimos, cando están formados por dous ou máis elementos, sepáranse os ditos elementos (): Canpo Rramjro (l. 17, f. cxxv [r]), Fonte Arcada [da] Rranea de Fóra (ls. 31-32, [f. cxxviij v]), Monte Rrey (l. 12, f. cxxvij [r]) etc. Tamén se mantén a separación cando o substantivo está precedido por un determinante: O Brieiro (l. 18, f. cxxx [r]) e As Seyxas (l. 16, f. cxxv [r]).
2.4. Puntuación e uso de maiúsculas e minúsculas
Para a puntuación séguese o criterio moderno. Dado que no documento abundan as construcións sintácticas longas e as enumeracións, nalgúns casos a puntuación resultou dificultosa, con todo intentouse facilitar a lectura do texto e botouse man do punto e coma (;) e tamén do punto (.) para dividir as construcións máis longas.
O uso das maiúsculas faise seguindo a regras do galego moderno, fundamentamente despois de punto e nos nomes propios de persoa e lugar.
2.5. Acentuación
No que respecta á acentuación séguense as normas modernas ( nomig 2012 [1982]: 23-30), pero acentuamos formas como Loýs (l. 11, [f. cxxix v] e l. 19, [f. cxxx v]), outrosý (l. 9, 14, f. cxxv [r] e l. 6, f. cxxx [r]), Rroý (l. 12, [f. cxxix v] e l. 12, [f. cxxx v]), rrouj́ (l. 26, f. cxxviij [r]), mj́taras (l. 31, f. cxxviij [r]). Os acentos diacríticos actuais incorporáronse cando cumpren a mesma función no manuscrito: á (l. 2, f. cxxv [r] e l. 29, [f. cxxvij v]), fóra (l. 30, f. cxxvij [r]), máys (l. 21, f. cxxv [r] etc), óssos (l. 29, 32, 36, [f. cxxix v]) e pé (l. 21, 23, 25, 37, [f. cxxvij v] etc.). Porén, prescíndese deles naqueles casos en que a escrita utiliza outros recursos, como na P3 do presente de indicativo do verbo ser, que no texto aparece como he (l. 1, f. cxxv [r], etc.).
2.6. Grafías
Consérvanse as grafías i, j e y tal como aparecen no orixinal, independentemente de teren valor vocálico ou consonántico: nascimento (l. 3, f. cxxv [r]), gremjal (l. 33, f. cxxvj [r]), espynaço (l. 30, [f. cxxix v]) / jgleia (l. 2, f. cxxv [r]), cornejaes (l. 29, f. cxxviij [r]), ya (l. 28, [f. cxxvij v]). O mesmo se fixo con u e v: casula (l. 4, [f. cxxv v] e l. 31, f. cxxx [r]), vna (l. 22, f. cxxv [r] etc.) / estauan (l. 9, [f. cxxv v]), vida (l. 26, f. cxxix [r], l. 19, f. cxxx [r]). Tampouco se alteran as grafías b e v (u): cobertora (l. 31, [f. cxxvj v] / covertura (l. 1, 10, f. cxxvij [r]).
Dentro desta postura conservadora tamén se inclúen na transcrición os casos das grafías dobres; rexístrase o ff en alcatiffas (l. 6, [f. cxxvj v]), ffaltan (l. 27, f. cxxv [r]) etc. O ss mantense malia non representar sempre un fonema distinto: mess (l. 5, [f. cxxix v], l. 1, f. cxxx [r]), mjssa (l. 22, f. cxxvij [r]). Precisamente, a semellanza que presentan ao longo do manuscrito as grafías s (f) e f é o motivo polo que se optou por ler na transcrición ceneffas por cenessa(s) e çeneffa(s) por çenessas nos seguintes casos: ceneffas (l. 27, f. cxxv [r], l. 24, f. cxxvj [r]), çeneffa (l. 25, f. cxxv [r], l. 35, f. cxxvj [r]), e, finalmente, çeneffas (l. 28, f. cxxv [r]).
O R alto transcríbese como rr, tanto en posición inicial como en interior de palabra: rrico (l. 4, 10, [f. cxxv v]), darredor (l. 19, [f. cxxvij v], etc. Mantéñense as grafías l e ll, sen reparar no seu valor fonolóxico: colares (l. 24, [f. cxxv v], l. 2, [f. cxxx v]), collares (l. 4, [f. cxxx v]). No manuscrito existen algúns exemplos da grafía latinizante ll en mill (l. 40, f. cxxv [r]) e, por analoxía, tamén en marfill (l. 34, 36, [f. cxxix v]). Para representar a nasal /ɲ/ o texto emprega fundamentalmente a grafía ñ (cayxyña, l. 28, [f. cxxviij v]) e tamén n (Bretana (ls. 14-15, [cxxv v]). Conservamos ambas as dúas na transcrición.
As sibilantes s, ss, z e ç respéctanse tal e como aparecen no manuscrito: así (l. 7, f. cxxvij [r] e l. 21, cxxx [r]), assý (l. 4, f. cxxx [r]), azebeche (l. 11, [f. cxxviij v]), saçón (l. 13, f. cxxv [r]). Con todo, non se diferencian os distintos tipos de ese (s, ſ e ϭ) na edición, que son transcritos como s.
A pretensión latinizante está detrás dalgúns usos gráficos que ofrece o manuscrito e que se respectan na transcrición. É caso do s-inicial e do -p- etimolóxico ante consoante: scriptos (l. 23, f. cxxvj [r]) e scripturas (l. 39 [f. cxxix v]); da grafía th: Matheo (l. 21, f. cxxix [r]); ch en choro (l. 17, f. cxxv [r] e l. 22, [f. cxxix v]); o uso de qu: çinquo, (l. 33, f. cxxviij [r] e l. 5, [f. cxxix v]), branquas (l. 40, f. cxxx [r]) e, finalmente, o h non etimolóxico presente en formas como he (l. 1, f. cxxv [r] etc.) e ho (l. 33, [f. cxxv v] etc.).
2.7. Signos de abreviación e abreviaturas
No que respecta ao uso das abreviaturas, desenvólvense na súa totalidade e márcanse en cursiva, incluso a conxunción que.
O sinal xeral de abreviación, con valor fonético, transcríbese como til de nasalidade cando houbo unha perda de -n- no paso do latín ao romance, pois indica que a vogal anterior está nasalizada (); nestes casos represéntase o til sobre a primeira vogal: bõo (l. 20, [f. cxxvj v]), ymajẽes (l. 31, [f. cxxvij v]), maçãa (l. 34, [f. cxxvij v]), rraçõeyros (l. 21, f. cxxv [r]), sábãa (l. 20, 21, [f. cxxvj v]). Tamén se transcribe o til cando está situado sobre a consoante n: copyña (l. 9, 17, f. cxxx [r]) etc. Pola contra, cando aparece no texto e semella non ter valor fonético, é un mero trazo, non se recolle pero indícase en nota a súa presenza. Noutras ocasións, o sinal de abreviación equivale a unha consoante nasal en posición implosiva, por iso se repón o n ou m segundo conveña (Lorenzo 2004: 454): enno (l. 12, f. cxxvj [r] etc.), noveenta (l. 4, f. cxxv [r]), tempo (l. 10, [f. cxxvj v]) etc.
Entre as abreviaturas existentes no manuscrito cómpre destacar a abreviación de er (sinal sobreposto), que se emprega no manuscrito co valor de r, e ao ser tan recorrente suprimiuse esta información da nota ao pé: señor (l. 6, f. cxxv [r] etc.), ornamentos (l. 11, f. cxxv [r]), azur (l. 23, f. cxxv [r]), etc. No manuscrito a abreviatura que adopta a forma dun 9 equivale en posición inicial a con: con toca (l. 10, [f. cxxv v]); en posición final aparece en superíndice e lese como us: seus (l. 21, [f. cxxvij v]), canonicus chancellerius (l. 14, [f. cxxix v]).
A abreviatura do pronome posesivo feminino da P4 nra cun trazo por riba, que no manuscrito precede a señora, é transcrito como nossa señora (l. 26, f. cxxvj [r]) ao tratarse dunha abreviatura fosilizada. As letras gregas que se usan para Xesucristo, transcríbense como Jhesu Cristo (l. 3, f. cxxv [r] etc.), vaian xuntas ou acompañando outros elementos.
É habitual no manuscrito a aparición como sinal de abreviatura de distintas variedades do a sobreposto. Ademais, sobre o g e o q existen casos en que equivale á secuencia ua, que se transcribe co u en cursiva: quatrocentos (l. 4, f. cxxv [r] etc.), algṹa (l. 9, f. cxxvij [r]), branquas (l. 40, f. cxxx [r]) etc. Seguindo o mesmo criterio, tamén se transcribe en cursiva o u da abreviación de qui, escrita cun q e un i sobreposto: rreliquias (l. 9, f. [cxxvj v] etc.). Na abreviatura de pri, representada cun p cun i sobreposto, igualmente o r figura en cursiva: conprido (l. 27, [f. cxxv v].
Finalmente, o signo tironiano represéntase como et por ser a forma maioritaria no manuscrito.
3. LECTURA DO TEXTO
1493, Setembro, 23. Ourense.
Addendas:
Reconto de bens da Catedral de Ourense
Este he el rreconto dos ornamentos sagrados et por | sagrar de santcristanj́a1 que perteescen á jgleia d’Ouréns. |
Ano1 del nascimento do noso señor Jhesu Cristo de mjll1 et | quatroçentos et noveenta et tres1 anos1 et vynte et tres1 días do mes1|5 de setenbre1 por mandado del señor don Johán1 de Deça, arçediano | de Búbal enna jgleia d’Ouréns et en ela proujsor por el rreuerendísimo señor | don Antonjoto Gentil1, cardenal de Santa Anestasia et obispo d’Ouréns, | et por tódoslos (los) outros beneficiados, dignjdades, canónigos, | et beneficiados da dita jgleja. Et de autoridade outrosý do dito Juan de |10 (de) Deça, vicario del deyán por don Johán1 Bautista Gentil1, deyán1 | enna djta jgleia foy tomado el rreconto de tódoslos ornamentos | da santcristanj́a1,4 pertenesçentes aa dita jgleia d’Ouréns a Gomes1 | de Paaços, santcristán1 que era aa saçón. Estando y presente | Jácome d’Espana, clérigo, que outrosý foy santcristán1, a entrada |15 do djto Gomes1 de Paaços enna dita santcristanj́a1. A qual dita conta | foy tomada por Gonçaluo das Seyxas1, et por Áluaro Vasques, et4 por Esteuo Ferrnandes | de Canpo Rramjro, que foy por parte de choro et porante mjn, Juan 3 de Rramoýn, | canónigo et chançeller do dito cabjdo. Las quales cousas que se y acharon | foron as sigentes. Primeiramente: |20
4. APARATO CRÍTICO DE VARIANTES
Achégase o aparato crítico das variantes existentes entre a transcrición do texto ofrecida por Castro e Martínez Sueiro (1923: 458-461) e a nosa lectura, naqueles parágrafos coincidentes. Non tivemos en conta as diverxencias entre ambos os textos derivadas das normas de acentuación e da unión e separación de palabras.
Inicialmente achegamos o número de folio e despois a liña en que se encontra a forma seguida da nosa lectura, en redonda, e a continuación a transcrición proposta polos autores citados, en letra cursiva.
f. cxxvij v]: 1 coussas] cousas| 3 vna] un| 4 cruzes] cruçes 5 Vna] Una| 6 vna] una; enna] ena; cruçifixo] crucifixo; e] et| 7 çafíjs] çafirs; vna] una| 8 delante] delant; e] et; Ø] faltan; çafíjs] çafirs; et] con; vn] un| 9 e] et; vna] una| 10 a gornjçión] agorniçion| 11 cruz] crus; vertes] verdes| 12 e] et; vna] una; try[n]dade] tryndade; e] et; euangelistas] evangelistas| 13 enno] eno; appóstollos] appostoles; cayxa] caixa| 15 cruz] crus| 16 ennas] enas; vna] una; try[n]dade] trydade; euangelistas] evangelistas; enno] eno| 17 vna] una; vydeyra] oydeyra| 18 cruz] crus; e] et; rrouíjs] Rovys| 20 enna] ena; cruz] crus| 21 lleno] lleño; seus] seu; letereyros] letereyro| 23 [le]tereyro] letereyro; pé] pee| 24 cruz] crus; Pero] pedro| 25 Silua] silva; pé] pee; vn] un; letereiro] letereyro| 26 Pero da Silua] pedro da silva; crucifixo] crcifixo| 27 hũ̍a] huna; Afonso] afon; herdeiros] herdeyros; Rrodrigo] Rodrigo| 28 Meyjón Frío] mesonfrio; a] á; jgleja] igllia| 29 cálezes] caleces| 30 vn] un; enno] eno| 31 vn] un; cruçifixo] crucifixo; ymajẽes] ymajees | 32 coruos] cornos; ho] o; arcediano] arcidiano| 33 Coruacho] corvacho| 34 enna] ena; maçãa] mançana| 36 cález] caleces; herdeiros] herdeyros; Ø] Rº; Meyjón Frío] mesonfrio| 37 vn] un; gornyçido] gorniçido; pé] pee| 37 enno] eno; vn] un; anyllo] anillo| 38 Eufemja] ouffemea; anjllo] anillo; vna] una|| f. cxxviij [r]: 1 crucyñas] pyñas; douradas] dourada; vn] un| 2 branco] v.º| 3 vna] huna; vn] un| 4 vn] un; báculo] vaculo; Martino] martiño; enno] eno; pé] pee; çinco] cinco| 5 con] eon | 6 dourado[s] dourado| 7 douss] dous| 8 bastões] bastones| 9 douss] dous; candeeyros] candeyros| 11 douss] dous; ynçenssarios] yncensarios| 12 ymajẽes] imajees| 13 euangelios] evangelios; pistoleyro] pystoleyro; e] et; mjsal] misal| 14 vna] una| 15 para] pra; ynçenso] yncenso; Ø] et; coruos] cornos| 16 para] pra; Jten] Iten; dúas] dous| 18 vna] una; rrica] Rica| 19 gornjçida] gorniçida; alxofar] axofar; rramales] Ramales; (que ten)] Ø| 20 vna] huna| 21 clauos] clavos; ennos] enos| 22 (e con dúas)] Ø; çafíjs] çafis; e] et; enna] ena| 23 delante] delant; douss] dous; çafíjs] çafis| 24 alanbre] alunvre| 25 vna] huna; a] ha; ffoy] foy| 26 vn] un; cafý] çafis; azur] Ø; vn] un; rrouj̍] Rovy| 27 alanbre] alunvre; Jten] Iten; outras] otras| 28 sete] seys| 29 cornejães] cornejales; estaua] estava; enno] eno; coruo] corno| 30 carmjssý] carmisy| 31 mj̍taras] mitaras| 32 vn] un; vn] un; anjllo] anillo; vna] una| 33 çinquo] cinco; Ø] pedras; çaffý] çafis| 34 vn] un; vn] un; vna] una| 36 huus] huns | 37 cruz] crus; e] et; Ø] pequenas| 38 cruz] crus; que [son] quatro] Ø; e] et; vna] una|| f. cxxviij v]: 1 vna] una; goastoada] gastoada| 3 vna] una; cayxa] caixa; anjllo] anillo; Oufémea] ouffemea| 4 pecynas] peynas| 5 Douss] dous; calcas] calças| 6 Hṹa] huna; tixillo] axillo; rramales] Ramales| 7 todas] todos| 8 Jten] Iten| 9 vn] un; para] pra| 10 vnas] unas| 11 vna] una; cruz] crus| 12 vna] una; e] et; vn] un| 13 vn] un; d’arámeo] dareineo; para] pra| 14 vna] una; cayxa] caixa; vieren] viñeron; Fegundo] fagundo| 15 Primjtiby] primitivo| 16 vn] un; jnfante] ynfante; para] pra| 17 çertas] Certas; cyntillas] çyntillas; para] pra; cyngyr] çingir; para] pra; manj́polos] manipolos| 18 vna] una; briuya] brynia; Frandes] ffrandes| 20 vna] una; bula] bulla; e] et| 21 envyou] enbiou; Pero de Ben] pedro de beu; arcediano] arcidiano| 22 vna] una; cruz] crus; vna] una| 23 e] et| 24 Rreliqujas] reliquias | 25 vna] una; cayxa] caixa; rreliqujas] Reliquias| 27 cayxa] caixa; dizen] diçen; Loucel] Coutel| 28 a] Ø; cayxyña] caixiña; Ø] con; rreliquias] Reliquias| 29 cayxa] caixa; rreliquias] Reliquias| 30 cayxa] caixa; acoffer] açofar; rreliquias] Reliquias| 31 proseyro] ppseyro; Ffernando] Rodrigo| 32 Arcada [da] Rranea de Fóra] arcada da Ranca de fora|| f. cxxix v]: 23 vn] un; vna] una; pé] pee| 24 amolado] emolado; macãa] caa| 25 vna] una; arriba] arriva| 26 rreliquias] Reliquias| 28 vn] un; rreliquias] Reliquias| 30 teen] ten; douss] dous; pedacos] pedazos; do espynaço] despinaço| 31 çertas] certas| 32 manes] manos| 33 rreliquias] Reliquias| 34 vn] un; báculo] vaculo; marfill] marfil; d’aceyro] daceyro| 35 Dúas cayxas do altar para corporales] Ø| 36 cayxa] caixa; marfill] marfil; rreliquias] Reliquias||
5. ÍNDICE ONOMÁSTICO
5.1. Antropónimos
A lematización fíxose pola cadea onomástica máis complexa e, a continuación, indicouse o número de liña en que se atopa no manuscrito orixinal e o folio, que figura entre parénteses (Afonso: l. 27 ([f. cxxvij v]). Incluímos a información que nos achega o texto sobre as actividades profesionais, as relacións persoais ou calquera outro dato relevante e, nalgúns casos, recollemos indicacións útiles para a identificación da persoa. Ademais, tivemos en conta as variantes formais.
5.2. Topónimos
Tras o nome de lugar indicamos a forma oficial do topónimo, só no caso de presentar algunha mudanza gráfica ou morfolóxica, a localización (concello e provincia) e despois, entre parénteses, o número de liña en que se atopa no manuscrito orixinal así como a referencia ao folio. Para a súa fixación servímonos do Nomenclátor de Galicia e no caso de non localizarmos o topónimo ou atestalo en varios concellos, indicamos que non foi localizado ou identificado (n.i.).
Cómpre advertir que recollemos os topónimos que ocupan o segundo e o terceiro lugar nas cadeas onomásticas, por considerarmos que constitúen unha información relevante no estudo da toponimia medieval.
Agradecementos
Neste artigo recóllese unha versión revisada do segundo anexo da tese de doutoramento da autora (). Pola natureza do traballo quero deixar constancia do meu agradecemento ao director, Ernesto X. González Seoane, aos membros que formaron parte do tribunal que a xulgou (María Álvarez de la Granja, Alexandre Rodríguez Guerra e Fernando Tejedo-Herrero) e a Maka Pérez, pola súa axuda no esclarecemento dalgunhas lecturas difíciles que presenta o manuscrito. Tamén quero expresar o meu agradecemento aos revisores anónimos, porque coas súas achegas axudaron a mellorar este texto.
Bibliografía
1
2
Corpus Xelmírez. Corpus lingüístico da Galicia medieval. http://ilg.usc.gal/xelmirez/ [03/04/2023].
3
Diocese de Ourense: https://obispadodeourense.com/obispo/episcopologio/ [03/04/2023].
4
Enjo Babío, María Ascensión. 2018. Colección documental del Archivo de la Catedral de Ourense (s. xiv). Estudio introductorio y transcripción, Santiago de Compostela: Consejo Superior de Investigaciones Científicas, Xunta de Galicia (Anexo 46 de Cuadernos de Estudios Gallegos), vols. I e II. https://iegps.csic.es/anejo/enjo-babio-maria-ascension [03/04/2023].
5
6
Gallaeciae monumenta historica (gmh): https://gmh.consellodacultura.gal/ [03/04/2023].
7
López Carreira, Anselmo. 2016. Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399), Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. http://consellodacultura.gal/publicacion.php?id=4339 [03/04/2023].
8
9
Lorenzo, Ramón. 2004. Edición de documentos medievais: problemas que presentan algunhas abreviaturas. En Rosario Álvarez e Antón Santamarina (eds.), (Dis)cursos da escrita. Estudos de filoloxía galega ofrecidos en memoria de Fernando R. Tato Plaza, [A Coruña]: Fundación Pedro Barrié de la Maza, [449]-458.
10
Lorenzo, Ramón. 2019. Mosteiro de Montederramo. Colección documental e índices, Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. http://consellodacultura.gal/publicacion.php?id=4340 [03/04/2023].
11
Losada Meléndez, Mª José. 2015. Libro de notas de Juan de Ramuín (Ourense-xv) [tese de doutoramento], Vigo: Universidade de Vigo. https://www.investigo.biblioteca.uvigo.es/xmlui/handle/11093/598 [03/04/2023].
12
13
Lucas Álvarez, Manuel. 1991. Paleografía gallega. Estado de la cuestión. Anuario de Estudios Medievales 21, 419-470. https://doi.org/10.3989/aem.1991.v21.1119
14
15
Nomig 2012 [1982] = Real Academia Galega; Instituto da Lingua Galega. 2012 [1982]. Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, 23ª ed., [Santiago de Compostela e A Coruña]: Real Academia Galega e Instituto da Lingua Galega, 23-30. https://publicacions.academia.gal/index.php/rag/catalog/book/252 [03/04/2023].
16
Rodríguez Parada, Raquel. 2019. O léxico do enxoval (ss. XIII-XVI). Contribución ao estudo semántico dos tecidos, vestiario e complementos na prosa documental galega [tese de doutoramento], Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. https://minerva.usc.es/xmlui/handle/10347/19891 [03/04/2023]
Notas
[8] Por riba escribiuse + (unha aspa de reclamo) e na marxe esquerda desta liña está escrito not e + (aspa de reclamo) por outra man posterior.
[10] Na marxe esquerda desta liña e da seguinte está escrito achouse / o manto. Semella un engadido posterior da mesma man.
[14] Nesta liña engadiuse, posteriormente e con outra tinta, antes de libros “͞Vn͞a cayxa” e despois de libros “con seu espello que dou Gonçaluo de Nugeyra”.
[16] No comezo do folio engadiuse unha liña posterior e con outra tinta, que despois foi riscada cun trazo. Di “foros de renta de Mugares que ten Rroý Vasques del año de ochenta e ocho”.
[22] Na marxe esquerda desta liña, coa mesma tinta, está escrito + (unha aspa de reclamo). Ademais figuran as seguintes anotacións escritas por outra man. Á marxe esquerda, máis arriba da aspa de reclamo, di: “Jten outros quatro cales | de prata que son da | obra” e un pouco máis abaixo destas tres liñas “Douss cález͞e͞s que son | de Santa María a Madre”. Na marxe dereita están escritas quince liñas e nelas di: “deste͞s cález tomaron dous | ao s͞a͞n͞cristán para conprir | os jncensarios; v͞n deles | tyña seys esmalte͞s enna | macaa con súas figuras | dourada a macaa et arre|dor do pé con súa pate͞n͞͞a | que tyna vn͞a maao. | Jten outro cales que tyna | ena maçãa rrosetas | dourada, et a patena | et arredor do pé. Pessaron | estes cález anbos tres mar|cos et seys onças et dous rrayáas”. Na marxe inferior di “v͞n cales que handa en su fillo todo esmaltado d’azur. | Outro cales dourado todo con ornatos de Torre Queymada. Outro cales dourado todo con súa pate͞n͞a et Sant Martino en ela | que mandou Villegas”.
[35] Deseguido, a pesar de que a lectura non é moi lexible, parece que está escrito “ajuso scripto” e despois riscouse.
[37] No comezo do folio hai tres liñas de escritura, con tinta máis escura, que posteriormente foi riscada con trazos diagonais. Di: “foros da renta da parrochia et iglleia de Sa͞n͞t Lourenco da P͞e͞n͞a | que es anexo da mesa capitular del señor Sa͞n͞t Martín d’Ouréns”.
[38] http://www.xunta.gal/nomenclator [03/04/2023].
[39] Localízase Fonte Arcata en textos editados por Enjo Babío (2018: 241 ―Fonte Arcato―, doc. 39; p. 268, doc. 66; p. 327, doc. 107; p. 446, doc. 202; p. 464, doc. 219; p. 601, doc. 322; p. 894, doc. 519; p. 1222, doc. 698; p. 1272, doc. 732; p. 1298, doc. 748; Fonte Arquada― p. 1214, doc. 693) e López Carreira (2016: 33, doc. 7; p. 118, doc. 54; Fonte Arcato― p. 188, doc. 101; p. 290, doc. 160; p. 304, doc. 168; p. 417, doc. 238; p. 428, doc. 245; p. 930, doc. 468 ―Fonte Arqada―; pp. 709-710, doc. 377; p. 974, doc. 488 e p. 989, doc. 495). O Corpus Xelmírez tamén ofrece seis ocorrencias de Fonte Arcada localizadas na provincia de Ourense e o proxecto Gallaeciae Monumenta Historica (gmh) compila nove, a maior parte cadran cos documentos xa citados.