Vol. 44 (2017), Notas, Páginas 527-536
Recibido: 22-09-2016
Aceptado: 15-02-2017
Publicado: 27-09-2017
Na zona zamorana de lingua galega é moi sorprendente a abundancia do sufixo –icho/-icha na toponimia. Este sufixo tamén forma topónimos no resto do territorio galego, pero de maneira moi ocasional. Porén, na zona galegófona de Zamora a área de extensión de microtopónimos con este sufixo coincide coa histórica área zamorana da lingua galega (As Portelas, Requeixo e Calabor) e axuda a delimitar polo oeste e polo norte a fronteira entre galego zamorano e outras variedades galegas e, sobre todo, polo leste, entre galego e leonés da Seabra. Neste traballo descríbese esta área e analízase a orixe deste sufixo.
toponimia, Zamora, galego, sufixo