Unha nova base de datos para a romanística a partir do "Atlas Linguistique Roman"
Contenido principal del artículo
Resumen
O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH) está a elaborar, a partir da explotación do "Atlas Linguistique Roman" (ALiR), unha gran base de datos informatizada con información diatópica, etimolóxica, etnográfica, semántica e mais bibliográfica das distintas falas que
integran o contínuum románico. Presentar as características e a utilidade desta base de datos que, malia atoparse aínda nunha fase inicial, xa conta con máis de 57.000 rexistros, é o principal obxectivo deste artigo, que se estrutura en tres apartados: en primeiro lugar, fornécese unha introdución ás principais características do ALiR; en segundo lugar, detállase a estrutura desta base de datos e do formulario que se creou para facilitar as buscas; finalmente, suxírense algunhas posibles explotacións deste novo recurso que se pon ao servizo da romanística. Algunhas destas aplicacións xa se están a desenvolver no CRPIH; outras son unha porta aberta a futuras investigacións.
Palabras clave:
Detalles del artículo
Artículos más leídos del mismo autor/a(s)
- Esteve Valls Alecha, Manuel González González, Variación e distancia lingüística na Romania Antiqua: unha contribución dialectométrica ao debate sobre o grao de individuación da lingua galega , Estudos de Lingüística Galega: Vol. 8 (2016)
- Esteve Valls, Martijn Wieling, Towards a social dialectometry: the analysis of internal border effects , Estudos de Lingüística Galega: Vol. 16 (2024)