Contido principal do artigo

Luis Martín Sobrado Fernández
Universidade de Santiago de Compostela
Espanha
https://orcid.org/0000-0002-2350-7598
n. 34 (2024): 50 Aniversario dos Estudos de Pedagoxía en Galicia (1974-2024), Trabalhos por convite
DOI: https://doi.org/10.15304/ie.34.10170
Recibido: 02-10-2024 Aceito: 02-10-2024 Publicado: 29-11-2024
Direitos de Autor Como Citar

Resumo

A creación e implantación dos estudos universitarios de Ciencias da Educación, Filosofía e Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (USC) foi un proceso arduo e complexo, realizado nun contexto de transición social e política entre a ditadura franquista e a democracia en España. Estes estudos teñen precedentes na creación da Escola Normal Superior en 1849 e na Sección de Pedagoxía do Seminario de Estudos Galegos en 1933.
En 1969, coa aparición do Libro Branco da Educación, constituíronse os Institutos de Ciencias da Educación. A Lei Xeral de Educación de 1970 integrou as Escolas Normais nas Escolas Universitarias de Formación do Profesorado. O Plan Educativo de Galicia de 1970 propiciou a creación dunha Sección de Psicopedagoxía na Facultade de Filosofía e Letras da USC, precursora dos estudos de Ciencias da Educación.
En 1973, o profesor Carlos Baliñas propuxo a creación da Sección de Filosofía e Ciencias da Educación e superou con esforzo as resistencias iniciais. Co apoio do Reitor José Ramón Masaguer, que tiña unha forte sensibilidade cos estudos de Educación, conseguiron finalmente abrir un período de pre-matriculación para o curso ”juliano“ en 1974, cunha boa resposta estudantil. As clases comezaron o 8 de xaneiro de 1974.
O primeiro curso foi presencial en instalacións temporais con persoal docente interino e escasos recursos. No curso 1975-76 crease a Facultade de Filosofía e Ciencias da Educación.

plugins.generic.citations.citedby

Detalles do artigo

Referências

Baliñas, C. (s/d). Cómo se estableceron na Universidade de Santiago as ensinanzas de Filosofía, Ciencias da Educación e Psicoloxía. Santiago de Compostela. En Maria Luz Pintos: Memorias inéditas de Carlos Baliñas.

Casado, J. (2015). Los primeros años del ICE de la Universidad de Santiago de Compostela. Revista de Innovación Educativa 25, 47-54.

ICE (1975). Estudio piloto sobre cursos de perfeccionamiento para profesores de Educación General Básica y de Bachillerato (2 Volúmenes). Santiago de Compostela: Servicio de la USC.

Ministerio de Educación y Ciencia (1970). Planificación de la Educación. Galicia. Madrid: Subsecretaría del M.E.C.