Elos. Revista de Literatura Infantil e Xuvenil, editada polo grupo de investigación LITER21 (GI-1839. Literatura galega. Literatura Infantil e Xuvenil. Investigacións literarias, artísticas, interculturais e educativas), aumenta a súa difusión e prestixio e sitúase no cuartil Q2 do ránking REDIB 2020.

A IV edición do ránking REDIB introduce novidades como un widget exportable cos principais indicadores da revista ou gráficas coa evolución dos principais parámetros de cada revista nos últimos catro anos.

Dentro da área de Ciencias Sociais e Humanidades-Literatura, Elos situouse na posición 338/1199, subindo máis de 700 postos dende a pasada edición de 2019, con un cualificador global que aumentou dende o cuartil Q4 de 2019 (1,560) ata chegar ao cuartil Q2 en 2020 (19,571).

redib.jpg

Para máis información sobre o ránking REDIB, pode consultarse a súa páxina web no seguinte enlace: www.redib.org

Dende a dirección e secretaría queremos agradecer a todo o equipo, aos autores e lectores polo traballo e a confianza. Seguimos!

Ir atrás