Contido principal do artigo

  • Silverio Cerradelo Gómez
Silverio Cerradelo Gómez
Vol 3 (2011), Peneira
Recibido: 14-05-2012 Aceptado: 15-05-2012 Publicado: 15-05-2012
Copyright Como citar

Resumo

O obxecto deste artigo é documentar o proceso de adopción das denominacións ornitolóxicas castelás *becada e *becacina na lingua galega, así como argumentar en contra da súa incorporación e en favor da revitalización dos nomes propiamente galegos destas aves. Pártese da descrición das catro especies de aves limícolas que se designan con estes nomes (*becacina é máis xenérico e aplícase a Gallinago gallinago, Gallinago media e Lymnocryptes minimus, todas tres semellantes; *becada é máis específico, aplícase a Scolopax rusticola) e fálase das denominacións castelás e das denominacións propiamente galegas para estes paxaros, comentando a súa etimoloxía e motivación semántica. A seguir faise un percorrido diacrónico por publicacións ornitolóxicas especializadas e por diferentes traballos lexicográficos galegos, de tal modo que é posíbel datar a incorporación do nome castelán *becacina como galego a partir da década dos anos 70 do século pasado e *becada moito máis recentemente, a partir da década dos anos 90. Descríbese e explícase despois o proceso de incorporación, argumentando en prol da consideración dos dous termos como claros castelanismos.

Detalles do artigo

Citas

Almeida Costa, Joaquim et al. (2004): Gran dicionário da língua portuguesa. Porto: Porto Editora.

Alonso Estravís, Isaac (1995): Dicionário Sotelo Blanco da língua galega. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco.

Bernis Madrazo, Francisco (1995): Diccionario de nombres vernáculos de aves. Madrid: Gredos.

Carballeira Anllo, Xosé María et al. (2000): Gran diccionario Xerais da lingua galega. Vigo: Xerais.

Carballeira Anllo, Xosé María et al. (2009): Gran dicionario Xerais da lingua galega, 2 vols. Vigo: Xerais.

Cerradelo Gómez, Silverio [2011]: “Os nomes galegos das aves”, Chioglossa 4 (no prelo).

Conde Teira, Miguel (1999): “Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada”, Chioglossa 1, 121-138.

Conde Teira, Miguel / Tiago Vidal Figueroa (1991): “Nomes galegos para as aves ibéricas”, en A. Fernández-Cordeiro e J. Domínguez (eds.), Actas do primeiro congreso galego de ornitoloxía. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela, 249-268.

Corominas Vigneaux, Joan (19763): Diccionario crítico etimológico de la lengua castellana, 4 vols. Madrid: Gredos.

Corominas Vigneaux, Joan / José Antonio Pascual Rodríguez (1980): Diccionario crítico etimológico castellano e hispánico, 6 vols. Madrid: Gredos.

Crespo Pozo, José Santiago (1985): Nueva contribución a un vocabulario castellano-gallego, 4 vols. A Coruña: Do Castro.

Domínguez Dono, Xesús / Ana Fachal Fraguela (1993): “A fauna en Cunqueiro. As aves”, Cadernos de lingua 8, 67-80.

Franco Grande, Xosé Luís (1981): Diccionario galego-castelán. Vigo: Galaxia.

Freixedo Tabarés, Xosé María / Fe Álvarez Carracedo (1985): Diccionario de usos castellano/gallego. Madrid: Akal.

García González, Constantino (1985): Glosario das voces galegas de hoxe. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela (anexo 27 de Verba).

González Seoane, Ernesto (coord.) / María Álvarez de la Granja / Ana Isabel Boullón Agrelo (2006-2010): Dicionario de dicionarios do galego medieval (http://sli.uvigo.es/DDGM/index.html).

Matias, Rafael et al. (2007): “Lista sistemática das aves de Portugal Continental”, Anuário Ornitológico 5, 74-132.

Moliner Ruiz, María (19982): Diccionario de uso del español, 2 vols. Madrid: Gredos.

Noia Campos, María Camiño et al. (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.

Pedreira López, Carlos et al. (1990): “Nomenclatura das aves do concello de Ames”, Verba 17, 117-144.

Pedreira López, Carlos / José Manuel Penas Patiño (1977): “Lista patrón de aves de Galicia I”, Braña 1/2, 131-144.

Pedreira López, Carlos / José Manuel Penas Patiño (1978): “Lista patrón de aves de Galicia II”, Braña 2, 25-38.

Pena Romay, Xosé Antonio et al. (2004): Gran dicionario Cumio da lingua galega. Vigo: Do Cumio.

Penas Patiño, Xosé Manuel / Carlos Pedreira López / Carlos Rodríguez Silvar (1980): Guía das aves de Galicia. Vigo: Galaxia.

Penas Patiño, Xosé Manuel / Carlos Pedreira López / Carlos Rodríguez Silvar (1991): Guía das aves de Galicia. A Coruña: Baía.

Penas Patiño, Xosé Manuel / Carlos Pedreira López / Carlos Rodríguez Silvar (2004): Guía das aves de Galicia. A Coruña: Baía.

Real Academia Galega (1997): Diccionario da Real Academia Galega. A Coruña / Vigo: Real Academia Galega / Xerais / Galaxia.

Real Academia Galega (2004): Diccionario castelán-galego da Real Academia Galega. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza.

Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega (2004): Vocabulario ortográfico da lingua galega. A Coruña / Santiago de Compostela: Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega.

Ríos Panisse, María do Carme (1983): Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia. II Mamíferos, aves y algas. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela (anexo 19 de Verba).

Rodríguez González, Eladio (1958-1961): Diccionario enciclopédico gallego-castellano. Vigo: Galaxia.

Santamarina Fernández, Antón L. (coord.) (2006- 2010): Dicionario de diccionarios (http://sli.uvigo.es/ddd/index.html).

Xove Ferreiro, Xosé et al. (2005): Novo dicionario da lingua galega. Santiago de Compostela: Obradoiro / Santillana.