Proceso de construción dun inventario toponímico medieval: o Tombo de Toxos Outos
Contido principal do artigo
Resumo
A toponimia medieval veu sendo utilizada historicamente como un instrumento ao servizo de determinadas propostas etimolóxicas, mais poucas veces se concibiu como unha ferramenta que permita comprender globalmente as transformacións internas e os procesos de renovación do sistema toponímico, en constante interacción coa historia e a xeografía. Por outra banda, a relevancia dada á toponimia nos índices incluídos nas diversas coleccións documentais é escasa, cando non nula ou deficiente. Co propósito de subsanar estas carencias levamos a cabo a elaboración dun inventario que recollese todo o material toponímico presente no tombo do mosteiro de Toxos Outos (documentación dos séculos XII ao XIV), indicando a totalidade de formas distintas baixo as que aparece cada topónimo, a contextualización cronolóxica e documental de cada unha delas dentro do tombo e a situación do seu referente extralingüístico no marco xeográfico-administrativo correspondente (galego ou foráneo). Neste artigo descríbense de xeito breve as principais fases do proceso de elaboración dese inventario, así como certas cuestións teóricas e prácticas que se nos foron presentando no transcurso do mesmo, coa intención de deseñar un principio de metodoloxía para o tratamento da toponimia na documentación medieval galega.
Palabras chave
Detalles do artigo
Citas
Fontes documentais
Cal Pardo, Enrique (2005): Colección diplomática medieval do Arquivo da Catedral de Mondoñedo. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega.
Lamas Carballo, Adela (198?): Edición dos documentos do Espital dos Pobres da vila de Muros. Santiago de Compostela. Memoria de licenciatura inédita.
Pais Lapido, Pedro (1889): “Documentos del monasterio de Tojos-Outos”, Galicia Diplomática 49- 50, 337-341.
Pérez Rodríguez, Francisco Javier (2004): Os documentos do Tombo de Toxos Outos. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega.
Salvado Martínez, Vicente (1991): “Tumbo de Toxosoutos: siglos XII y XIII”, Compostellanum XXXVI (1-2), 165-227.
Tato Plaza, Fernando R. (1999): Libro de Notas de Álvaro Pérez, notario da Terra de Rianxo e Postmarcos (1457). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega.
Estudos
Baliñas Pérez, Carlos (2006): “Terra, tempo e xente: as orixes altomedievais da comarcalización de Galicia”, en Rosario Álvarez Blanco / Francisco Dubert García / Xulio Sousa Fernández (eds.), Lingua e territorio. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Instituto da Lingua Galega, 93-101.
Boullón Agrelo, Ana Isabel (1999): Antroponimia medieval galega (ss. VIII-XII). Tübingen: Max Niemeyer.
Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades: CODOLGA (Corpus Documentale Latinum Gallaeciae) (http://balteira.cirp.es/codolga/)
Coromines, Joan (1983): Diccionario Crítico Etimológico Castellano e Hispánico. Madrid: Gredos.
González Pérez, Clodio (1998): Brión: historia, economía, cultura e arte. Noia: Toxosoutos.
González Pérez, Clodio (1999): A Terra do Valeirón (=Papeis do Valeirón 10). Urdilde: [s.n.].
Guajardo-Fajardo Carmona, María de los Ángeles (1989): “Fundación y orígenes el monasterio de Tojos Outos (Siglo XII)”, Historia, Instituciones, Documentos 16, 357-374.
Instituto da Lingua Galega: TMILG (Tesouro Medieval Informatizado da Lingua Galega) (http://usc.es/ilgas/tmilg)
Machado, José Pedro (1993): Dicionário Onomástico Etimológico da Língua Portuguesa. Lisboa: Livros Horizonte.
PatRom = Kremer, Dieter / Ana María Cano González / Jean Germain (2004): Dictionnaire historique de l’anthroponymie romane. Volume II: L’homme et les parties du corps humain (première partie). Tübingen: Max Niemeyer Verlag.
Piel, Joseph M. / Dieter Kremer (1976): Hispano-gotisches Namenbuch. Heidelberg: Carl Winter.
Rivas Quintas, Elixio (1991): Onomástica persoal do Noroeste hispano. Lugo: Alvarellos.
Terrado Pablo, Javier (1999): Metodología de la investigación en toponimia. Zaragoza: INO Reproducciones.
Vasconcellos, José Leite de (1928): Antroponímia Portuguesa. Lisboa: Imprensa Nacional.
Artigos máis lidos do mesmo autor/a(s)
- Paulo Martínez Lema, Cabeza Quiles, Fernando (2014): A toponimia celta de Galicia. Noia: Editorial Toxosoutos, 545 pp. , Estudos de Lingüística Galega: Vol 7 (2015)
- Paulo Martínez Lema, Sobre a repercusión do zoónimo "mazarico" na onomástica medieval e moderna , Estudos de Lingüística Galega: Vol 9 (2017)
- Paulo Martínez Lema, Ana Zabalza Seguín (dir.). De Engracia a Garazi. El misterio de los nombres en Navarra (Engraxitik Garazira. Izenen misterioa Nafarroan). Zizur Txikia: Aranzadi. 2018. 294 pp. , Estudos de Lingüística Galega: Vol 11 (2019)