Resumo

A nota que segue pretende abordar a cuestión da autenticidade dos lugares literarios nun contexto literario específico, o do xénero da ficción histórica, que se caracteriza por, en maior ou menor medida, mesturar elementos e sucesos reais con outros ficticios que fagan máis gozosa a trama presentada para o consumidor. Desta maneira, tratarase de analizar dous espazos clave da saga de libros Outlander, tamén adaptada a serie de televisión, como son Craigh Na Dun e Culloden, á luz de, principalmente, dous estudos: Quinteiro e Baleiro (2017) e Reijnders (2011).