Nota de copyright
Ao publicar en BGL, o/o autor/a-os/os autores/as cede/n todos os dereitos de explotación do seu artigo (incluíndo distribución, comunicación pública, reprodución e transformación) á Universidade de Santiago de Compostela, que, coas condicións e limitacións dispostas pola lexislación en materia de propiedade intelectual, é a titular do copyright e, por tanto, de todos os dereitos patrimoniais expresados, retendo o/o autor/a-os/os autores/as todos os dereitos morais que por lei lle corresponde/n (art. 14 TRLPI).
Sen prexuízo do anterior, e agás indicación contraria, todos os contidos distribúense en acceso aberto baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa do titular do copyright, non sendo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl
Como citar
Outros datos estatísticos
Descargas
Descargas (Últimos 12 meses)
Luís Valle
Luís Valle (Lugo, 1977), xestor cultural, escritor e artista plástico. É licenciado en Humanidades, diploma de estudos avanzados en Literatura Española, especialista universitario en Dirección de Empresas Tecnolóxicas, master en Métodos e Técnicas de Xestión Integral do Patrimonio Cultural e experto universitario en Políticas Culturais pola USC, o CSIC e a UOC. Autor ou coautor de preto de trinta libros. Como poeta ten publicado o volume Zigurat (Scio, 2001), composto polos libros Jano, Jethro en Irán, Poemas para el silencio e Inacabado, e os poemarios Epitafio y corona para Manuel Quiroga (de la luna libros, 2007), A caída (Pen Clube Galicia, 2009), Fedor (Sotelo Blanco, 2011), Caderno do mendigo (Barbantesa, 2011), As cicatrices do Sol (Sotelo Blanco, 2015), Trona, o merlo (Barbantesa, 2015) e Para que eu beba (Barbantesa, 2017). Dúas décadas de produción poética pola que obtivo, entre outros, os premios Caixanova, Eusebio Lorenzo Baleirón e Lueiro Rey. Valle colaborou con máis de oitenta publicacións nacionais e internacionais dos ámbitos da educación, a xestión cultural, a arte ou a literatura e dirixiu, entre outras publicacións, a revista cultural do campus de Lugo, "Evohé”. Nestes últimos anos, tivo a oportunidade de participar en proxectos e eventos culturais como o Xacobeo 2010, a Exposición Mundial de Shanghai ou a World Music Expo (Womex). Na actualidade, traballa nun departamento de comunicación institucional na Xunta de Galicia.