No 48 (2016): 1º semestre, Estudos
Recibido: 30-03-2016
Aceptado: 27-07-2016
Publicado: 03-09-2016
Este traballo realiza unha abordaxe distinta da que se acostuma facer do libro Parque Industrial de Patrícia Galvão, isto é, ao contrario de pensar o que se chamou “panfletarismo” no libro como un suposto defecto do mesmo, aquí afírmase que ese “panfletarismo” é parte constituínte da composición do libro. A partir diso, reflexiónase sobre o país dividido entre o Brasil do capitalismo e o Brás, o lugar utópico do proletariado.
Parque Industrial, Nación, Proletariado, Pagu