Nacemento e declive da utopía tecnolóxica: o ciberactivismo artístico a finais do século XX
Contenido principal del artículo
Resumen
as formas de representación características da época actual. Tanto a rede como a chamada tecnoloxía mediática, nacen cunha elevada carga de ideoloxía libertaria que precisa ser analizada para coñecer até que punto e en que medida a expresión artística vehiculada a través deste novo medio contribúe á construción do espazo público. Esta especie de new age da tecnoloxía caracterízase polo uso da rede como un instrumento de crítica e como un territorio autónomo no que, a través das contribucións
dos usuarios, se pode escribir non só unha historia non-oficial senón toda unha cultura alternativa. Neste sentido, as posibilidades da rede apuntaban, a finais do pasado século, á construción
dunha esfera pública autónoma, transnacional e transclasista a través da axencia colectiva, da interacción, da ubicuidade e da virtualidade. Internet dexergaba unha utopía de democratización,
accesibilidade e comunicación que podería transcender as diferenzas xeográficas, sociais e étnicas, e permitiría a creación de novas plataformas e circuítos de creación e difusión, alleos aos esquemas xerárquicos habituais.