Emma Ríos (Vilagarcía de Arousa, 1976) é unha das debuxantes galegas máis recoñecidas internacionalmente. Arquitecta de formación e afincada na Coruña, comezou facendo fanzines demaneira independente e no 2003 integrouse no colectivo Polaquia, onde realiza as súas primeiras publicacións. Durante seis anos compaxina o seu traballo de arquitecta co de ilustradora e debuxante de tebeos, participando en publicacións de España, Bélxica, Francia ou Serbia. No 2008 foi seleccionada para o Programa de intercambio euroasiático da ASEF, Lingua Cómica en Kyoto, cidade na que expuxo no Museo do Manga. Ese mesmo ano comeza a traballar para o mercado norteamericano, debuxandoa miniserie de cómic Hexed para a a editorial Boom! Studios, e pouco máis tarde comeza a traballar para Marvel en álbum como Runaweays, Strange, Firestar, Girl Comics, Heralds, The Amazing SpiderMan, Shadowland: Elektra ou Osborn. Tamén realizou o álbum Amadís de Gaula para a editorial SM, e neste momento prepara para Marvel unha miniserie dos superheroes Capa e Puñal. O seu blog é <http://steinerfrommars.blogspot.com/>