Resumo

Realízase un breve achegamento teórico sobre a figura do dragón (características físicas, funcións e papel actancial) na literatura de transmisión oral e sobre o seu aproveitamento na Literatura Infantil e Xuvenil. Logo, coméntanse obras deste sistema literario publicadas no século XX que empregan este personaxe. Analízase a súa aparencia, o papel na trama e a adaptación realizada polos escritores, facendo uso da modernización, humanización, deconstrución, caricaturización etc. Obsérvase a súa evolución ao longo dos tempos e conclúese que maiormente se mantén a esfera de acción de agresor ou gardián de tesouros e o aspecto físico; e, en menor medida, modifícase o rol e prosopografía, ben polo efecto da humanización ou pola caricatura, humor ou parodia.