Resumo

En 2024 celebramos o trixésimo quinto aniversario da edición do primeiro texto dramático de Luísa Villalta, e a súa obra dramática agarda aínda lecturas iniciais que sitúen as súas pezas nos seus contextos e sinalen liñas posibles para análises máis sistemáticas e mesmo inter- e intra-sistémicas. Con esa finalidade construímos este traballo, asentado nunha revisión de literatura pertinente, cunha perspectiva comparada, e na lectura e descrición dos textos seus escritos en modo dramático. Como resultado máis salientable destacamos a riqueza formal e temática da súa obra, e a súa actualidade.