Saltar rápido ao contido da páxina
  • Navegación principal
  • Contido principal
  • Barra lateral
  • Inicio
  • Número en curso
  • Números
    • Último número
    • Números anteriores
  • Acerca de...
    • Acerca do Xornal
    • Equipo editorial
    • Declaración de privacidade
    • Contacto
  • Envíos
  • rev{USC}
  • Rexistro
  • Iniciar sesión
  1. Inicio
  2. Arquivos
  3. No 59 (2021): 2º semestre
  4. Libros

Claridad. Semanario de Izquierdas. Santiago de Compostela (1933-1934)

Barra de artigos

Contido principal do artigo

  • Inés Mosquera Calvo+−
Inés Mosquera Calvo
CRPIH
España
No 59 (2021): 2º semestre, Libros, páxinas 1-3
DOI https://doi.org/10.15304/bgl.59.8096
Recibido: 09-11-2021 Aceptado: 29-11-2021 Publicado: 30-12-2021
PDF XML
Copyright Como citar Artigos máis lidos do mesmo autor/a(s) Citado por
Alonso, L. Mariño, L. e Piñeiro, L. (Eds.) (2021). Claridad. Semanario de Izquierdas. Santiago de Compostela (1933-1934). Edición facsimilar. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. 67 pp.

Alonso, L. Mariño, L. e Piñeiro, L. (Eds.) (2021). Claridad. Semanario de Izquierdas. Santiago de Compostela (1933-1934). Edición facsimilar. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. 67 pp.

Inés Mosquera Calvo

Alonso, L. Mariño, L. e Piñeiro, L. (Eds.) (2021). Claridad. Semanario de Izquierdas. Santiago de Compostela (1933-1934). Edición facsimilar. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. 67 pp.

Boletín Galego de Literatura, no. 59, 2021

Universidade de Santiago de Compostela

Inés Mosquera Calvo

Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, España



Copyright © Universidade de Santiago de Compostela
Esta obra está bajo una Licencia Creative Commons Atribución-NoComercial-SinDerivar 4.0 Internacional.

Received: 09 November 2021

Accepted: 29 November 2021

DOI: https://doi.org/10.15304/bgl.59.8096

A publicación seriada Claridad. Semanario de Izquierdas¸ saída do prelo do número 15 da compostelá rúa do Vilar entre os anos 1933 e 1934, chega agora a nós en edición facsimilar da man de Luís Alonso Girgado, Laura Mariño Taibo e Laura Piñeiro Pais. Preséntase nun volume que, amais de ofrecer a reprodución orixinal dos exemplares, proporciona toda a información necesaria e datos de interese sobre o semanario.

O libro estrutúrase en catro seccións froito do traballo dos tres especialistas, acompañadas dunha memoria USB que contén a reprodución dos orixinais. Estes catro apartados, denominados “Estudo de Claridad”, “Claridad: textos de recepción e comentarios críticos”, “Prensa política galega (1933-1934)” e “Índices de Claridad”, compoñen un estudo detallado da publicación e o seu contexto.

Encabeza o volume o estudo de Claridad, organizado en dúas seccións. A primeira delas consta dunha ficha técnica coa información do título, do subtítulo, o lugar de edición e imprenta, o inicio e final da publicación, a totalidade de números, a periodicidade, o número de páxinas, o formato, o prezo, a dirección e directores suplentes, os redactores, as seccións, as linguas empregadas, os contidos, as ilustracións, os colaboradores literarios, os pseudónimos utilizados e a publicidade que contiñan as súas páxinas. A segunda sección céntrase na figura de Luís Manteiga, director do xornal ata o exemplar número 23, analizando tanto a súa traxectoria vital como a súa produción escrita, consistente esta última en colaboracións en prensa, narrativa encadrada no contexto estético-xeracional das vangardas e produción teatral en galego e castelán.

Ségueo o apartado “Claridad: textos de recepción e comentarios críticos”, no que se recollen e reproducen os artigos que dan conta da aparición de Claridad en El Pueblo Gallego (1933) e A Nosa Terra (1933); unha misiva de Aquilino Iglesia Alvariño a Luís Manteiga (1933) na que fai alusión á recepción de Claridad; comentarios críticos de Antón Capelán e Xosé Enrique Acuña, ambos publicados en Luís Seoane. Compromiso e paixón creadora, (1994), de Francisco Fernández del Riego no exemplar Luís Seoane (1919-1979), Día das Letras Galegas 1994 (1994), de María Antonia Pérez Rodríguez en Luís Seoane a través da presa 1929-1979 (2003) e de Laura Tato Fontaíña en Teatro galego. Luis Manteiga, Ediciós do Castro (2003); a entrada no Diccionario da literatura galega publicado pola Editorial Galaxia (1997); alusións de Francisco Fernández del Riego no prólogo de Teatro galego. Luis Manteiga (2003); a entrada de Alfonso Mato en Ánxel Casal, un editor para un país. Catálogos de LAR e NÓS (2007); e as recensións de Antón Capelán en Luís Seoane en Compostela e outros ensaios (2010), de Jesús J. Blanco Rosas en Galicia Emigrante. Prensa e radio no exilio galego. A pegada de Luís Seoane (2010) e de Carlos López Bernárdez en Fronte da Arte (A Arte galega no contexto europeo dos anos 30) (2020).

O terceiro apartado do volume ofrece unha caracterización da prensa política galega (1933-1934) e proporciona un corpus coas cabeceiras de prensa galega de esquerdas que naceron entre 1931 e 1936, proporcionando información contextual de cada unha. No ano 1931, recompílanse un total de once: Galicia Federal (Santiago de Compostela), Galicia Radical (Pontevedra), La Hora (Pontevedra), El Momento (Viveiro), La Opinión (Ortigueira), El Radical (A Coruña), La Razón (Santiago de Compostela), Redención Marítima (Vigo), Renovación (Ponteareas), Revolución (Pontevedra) e Vanguardia Gallega (Lugo). Durante o ano 1932, compílanse Erte...! (Ferrol), Faro Villalbés (Vilalba) e El País (Pontevedra). En 1933, améntanse Loita (Sarria), Máis (Santiago de Compostela), Renovación (Ferrol), La Draga (A Coruña) e o mesmo Claridad. No seguinte ano, recóllese o nacemento de Nuevo Heraldo (A Guarda) e Alento (Santiago de Compostela, Noia). Finaliza no ano 1935 coas publicacións Guieiro (Ourense) e Ser (Santiago de Compostela).

Conclúese ofrecendo os índices de Claridad, comezando polos colaboradores literarios e colaboradores artísticos listados alfabeticamente. Na nómina de colaboradores literarios figuran Gerardo Abad Conde, Niceto Alcalá Zamora, Fernando Barcia Veiras, Eduardo Blanco Amor, C. P. Busto Amante, Comisión Ejecutiva del Partido Socialista Obrero, Comité Local del S. R. I., Comité Nacional Femenino, Eduardo Díaz de Molina, Amalia Dollfuss, Grupo Claridad, Guerra Junqueiro, Luís Manteiga, Diego Martínez Barrio, Ricardo Montequi, O Escolante Anónimo, Partido de Iquierda Republicana, Partido Galeguista, Grupo da Coruña, R. Comunista, R. Otero, R. Sanjurjo, Francisco Regueira, Manuel Rodríguez, S. S. (como colaborador con maior volume de achegas), Laureano Santiso Girón, S. N. P. (Sociedad Nacionalista de Pondal), P. P. Tobio, Un Joven Comunista e Antonio Vilar Ponte. A listaxe de colaboradores artísticos abrangue a Castelao, S. S. e Tisner. Deseguido, achéganse os sumarios dos exemplares de cada ano, os números 1 e 2, que saíron á luz en 1933, e os números comprendidos entre o 3 e o 24, publicados en 1934. Inclúese tamén unha listaxe da publicidade incluída en cada número.

O facsímile atópase na cuberta traseira do libro en formato de memoria USB. A devandita memoria contén dous arquivos en diferente formato, un que contén as imaxes en formato JPG das páxinas dos exemplares e o outro PDF que compila todos os números de Claridad.

Claridad naceu co obxecto de ser o voceiro das mocidades da esquerda republicana, dirixido nomeadamente a estudantes, campesiños e obreiros. Presentándose en formato bilingüe, con vasto predominio do castelán, manifestábase a prol do proceso autonomista, a educación laica e a cultura galega. Cun carácter temático ideolóxico e formativo, albergou tamén algunhas achegas de creación e ensaio literario. Se ben Claridad non puido gozar dunha prolongada andaina, con só 24 números publicados, a súa pegada é indiscutible, órgano de relevantes figuras do galeguismo que se congregan nas súas páxinas. Agora, grazas ao traballo dos editores, podemos acceder aos exemplares con total simplicidade, posto que, ademais de reunir e dixitalizar todos os números, facilitan o procedemento de busca de contidos concretos ao indexar todos os elementos de referencia. Canto ao formato, ao achegar soamente en formato físico os contidos informativos e os sumarios, estando dixitalizados todos os exemplares do semanario, bríndase a oportunidade de aforrar espazo nos andeis á vez que se trata de reducir o impacto medioambiental. Constitúe este facsímile un excelente labor de recuperación, divulgación e interpretación dunha publicación seriada do interese tanto de lectorado curioso como de investigadores especializados.

Author notes

inesmosquerac@gmail.com

Additional information

Cómo citar : Mosquera Calvo, I. (2021). Claridad. Semanario de Izquierdas. Santiago de Compostela (1933-1934). Edición facsimilar (2021). Boletín Galego de Literatura, 59, “Libros”, 1-3. ISSN-e 2174-4025. DOI https://doi.org/10.15304/bgl.59.8096

Secciones
Boletín Galego de Literatura
ISSN: 0214-9117
Vol.
Num. 59
Año. 2021

Alonso, L. Mariño, L. e Piñeiro, L. (Eds.) (2021). Claridad. Semanario de Izquierdas. Santiago de Compostela (1933-1934). Edición facsimilar. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. 67 pp.

Inés Mosquera Calvo
Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades,España
Contexto
Descargar
Todas
APA
ISO 690-2
Harvard


Nota de copyright

Copyright (c) 2021 Universidade de Santiago de Compostela

Como citar

Mosquera Calvo, I. (2021). Claridad. Semanario de Izquierdas. Santiago de Compostela (1933-1934). Boletín Galego de Literatura, (59), 1-3. https://doi.org/10.15304/bgl.59.8096
  • ACM
  • ACS
  • APA
  • ABNT
  • Chicago
  • Harvard
  • IEEE
  • MLA
  • Turabian
  • Vancouver
  • Unified Style
  • Endnote/Zotero/Mendeley (RIS)
  • BibTeX

Outros datos estatísticos

Descargas

Descargas (Últimos 12 meses)

plugins.generic.usageStats.noStats

Imaxes

Artigos máis lidos do mesmo autor/a(s)
  • Inés Mosquera Calvo, Estudos arredor de Ricardo Carvalho Calero , Boletín Galego de Literatura: No 58 (2021): 1º semestre
Citado por
Crossref
Scopus
Google Scholar
Europe PMC
  • Rexistro
  • Iniciar sesión
  • Idioma / Language / Langage Galego
    • English
    • Español
    • Galego
Outras estatísticas
  • Outros datos estatísticos
    120
Últimas novas
  • 2021-03-12 - nº 58 (1º semestre 2021)
Máis lidos | Máis descargados
  • (183) Unha casa para Lupe Gómez: espazo, afecto e memoria en...
  • (135) O Mundo em Que Vivi e Rio sem Ponte de Ilse Losa: entre...
  • (134) As antoloxías consultadas da poesía galega: da Escolma de...
  • (124) Da narración literaria ao cómic: O Diario de Anne Frank
  • (105) Maria Lúcia Namorado e a Literatura Portuguesa para a...
  • (152) O Mundo em Que Vivi e Rio sem Ponte de Ilse Losa: entre...
  • (148) A Tanta Gente, Mariana e o desassossego de Maria Judite...
  • (118) A poética e a filosofía da soidade e da morte na...
  • (106) Ou o amor, ou a vida, ou a loucura, ou a morte: pequeno...
  • (83) A Revolução dos Cravos e a Literatura para a Infância e a...
Último número
  • Logotipo Atom
  • Logotipo RSS2
  • Logotipo RSS1

Boletín Galego de Literatura

ISSN 0214-9117 ISSN-e 2174-4025 Copyright © Universidade de Santiago de Compostela BY-NC-ND 4.0
Contacto principal bgl@usc.es Contacto de soporte sepinter@usc.es

Universidade de Santiago de Compostela / Instituto de Ciencias da Educación / Servizo de Publicacións e Intercambio Científico