Contido principal do artigo

Baldo Ramos
Poeta e profesor de literatura / IES de Sar. Santiago de Compostela
Spain
Núm. 59 (2021): 2º semestre, Notas, Páxinas 1-13
https://doi.org/10.15304/bgl.59.8005
Recibido: 2021-10-14| Publicado: 2021-12-30

Resumo

Estrita necesidade é un libro de poesía que retrata os costumes e a ideoloxía da xeración que sofre os últimos anos do franquismo e ve como se suceden os cambios sociais dun xeito vertixinoso. Un libro de familia que indaga sobre as relacións paternofiliais e sobre os pousos que deixa a memoria na ollada do neno que fala nestes versos. Analízase neste traballo o último poemario de Carlos Negro, tendo en conta a súa evolución poética e poñéndoo en relación con outros libros seus que teñen á familia como elemento vertebrador da súa cosmovisión poética.