Mulleres na escuridade: estudo das personaxes femininas n’O corazón do negror, de Joseph Conrad
Contido principal do artigo
Resumo
Publicado en 1902, O corazón do negror foi considerado un testemuño de excepción –ao que virían sumarse Pasaxe á India, de E. M. Forster ou Memorias de África, de Karen Blixen- sobre as dinámicas colonialistas no apoxeo da súa implantación nos territorios dominados. Conrad escribe desde a experiencia persoal para retratar dun xeito cru as sombras que se cinguen sobre os mecanismos de explotación da África ignota, a negrura moral de quen os dirixen, só equiparable á da propia selva. O seu é un relato de ousadía, de ambición e vontade de transcendencia, valores que sociedades como as europeas percibían daquela como inherentes ao xénero masculino. Mariñeiros, comerciantes, peregrinos da metrópole pululan polas terras africanas. Pero que hai das mulleres? Que rol desempeñan na novela e, por extensión, na colonización aos ollos de Conrad? O obxectivo deste artigo é ofrecer unha aproximación á cuestión mediante unha lectura crítica do texto.
Palabras chave
Detalles do artigo
Citas
Bourdieu, P. (1998). La domination masculine. Seuil.
Brooks, P. (1984). Reading for the plot. Design and Intention in Narrative. Clarendon Press.
Conrad, J. (2009). O corazón do negror. Faktoría K de Libros.
Eagleton, T. (2005). The English Novel: An Introduction. Blackwell Pub.
Hawthorn, J. J. (1990). Joseph Conrad. Narrative Technique and Ideological Commitment. Edward Arnold.
Hough, G. (1960). Image and Experience: Studies in a Literary Revolution. Duckworth.
Jones, S. (1999). Conrad and Women. Oxford University Press.
Najder, Z. (2007). Joseph Conrad: A Life. Camden House.
Said, E. W. (1996). Cultura e imperialismo. Anagrama.
Showalter, E. (1985). The Female Malady. Women, Madness and English Culture, 1830- 1980. Virago Press.
Smith, J. M. (1989). “Too Beautiful Altogether”: Patriarchal Ideology in HD. En R. C. Murfin (Ed.), Joseph Conrad. Heart of Darkness. A Case Study in Contemporary Criticism (179-195). St. Martin’s Press.
Watt, I. (1980). Conrad in the Nineteenth Century. Chatto & Windus.
Woolf, V. (1935). A Room of One’s Own. The Hogarth Press.
Woolf, V. (1984). A Haunted House and Other Short Stories. The Hogarth Press.