Que foi das mulleres da terra e do mar na literatura galega?
Contido principal do artigo
Resumo
O tratamento que os autores fan das personaxes femininas asociadas ao mar e o medio rural ata finais do século XX vai parella á mitificación da muller popular que realizan os homes do nacionalismo. As escritoras, en cambio, refugaron maioritariamente os traballos precapitalistas das mulleres para apostaren por modelos que superasen a discriminación institucionalizada que asenta o patriarcado. Naquelas escasísimas obras escritas por mulleres onde se acollen suxeitos femininos relacionados co sector primario, estes adoitan ser máis reivindicativos e conscientes da súa dignidade laboral que os representados polos autores. A situación descrita muda en parte coa eclosión das poetas dos 90. A partir deste momento, percíbese un incremento de referencias ás traballadoras da terra e do mar como entes activos, tanto na produción literaria de autoras como de autores.
Palabras chave
Detalles do artigo
Citas
A. V. 4 decembro 2016. “Unhas 30.000 labregas galegas non son titulares da explotación na que traballan”, en http://www.sermosgaliza.gal/articulo/economia/30-000-labregas-galegas-non-son-titulares-da-explotacion-na-traballan/20161202122023053250.html [Consulta: 18/04/2017]
Angueira, Anxo. 2016. “Do pobo traballador ó proletariado. Suxeito literario e suxeito político na literatura galega contemporánea”, en Bolxeviques (coord. Teresa Moure). Vigo: Edicións Xerais de Galicia, pp. 129-136.
Baceiredo, Rebeca. 2016. Oiko-nomía do xénero. Relato das clausuras. Rianxo: Axóuxere Edicións.
Castro, Rosalía de. 1990. Follas Novas. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.
Dopico, Montse. 1 abril 2016. “O rural galego moderno e potente non sae nos medios de comunicación”, en http://praza.gal/cultura/11501/o-rural-galego-moderno-e-potente-non-sae-nos-medios-de-comunicacion/. [Consulta: 18/04/2017]
Eyré, Xosé Manuel. 4 setembro 2012. “Testemuño e culpa na crónica da xeración perdida”, en http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/11422-testemuno-culpa-cronica-xeracion-perdida [Consulta: 18/04/2017]
González, Helena. 2005. Elas e o paraugas totalizador. Escritoras, xénero e nación. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.
González Costa, Teresa. 2014. Os santos nunca dormen. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.
Iglesias Turnes, Manuel. 2016. Que non te aten. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.
Miguélez-Carballeira, Helena. 2014. Galiza, um povo sentimental? Santiago de Compostela: Através Editora.
Nara, Antía. 2007. Aquel lugar. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.
Nara, Antía. 2016. Cara o leste. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.
Novo, Olga. 2011. Cráter. Noia: Touxosoutos.
Otero, Antía. 2016. O cuarto das abellas. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.
Otero Varela, Inmaculada. 2014. “A ficcionalización do eu: autoría e protagonismo das mulleres na literatura”, en Anotacións sobre literatura e filosofía, n.º 6, Vigo: Euseino Editores. https://euseinoeditores.files.wordpress.com/2014/09/anotacic3b3ns-6-a-ficcionalizacic3b3n-do-eu-i-otero.pdf [Consulta: 18/04/2017]
Portas, Manuel. 2013. Faneca Brava. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.
Reimóndez, María. 2012. En vías de extinción. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.
Souto, Lorena. 2012. Fase de Trema. A Coruña: Espiral Maior.
Vega, Rexina. 2007. Cardume. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.
Vilavedra, Dolores. 2010. “A persistencia dos modelos ruralistas e realistas”, en A narrativa galega na fin de século. Vigo: Editorial Galaxia, pp. 145-167.