MAR FERNÁNDEZ VÁZQUEZ é licenciada en Filoloxía Hispánica e Románica e Diplomada en Estudos Avanzados pola Universidade de Santiago de Compostela. Profesora de Literatura Española e Literatura Galega no IV Ciclo da USC. Persoal científico do ICE da USC, membro do Grupo de Investigación LITER21 (GI-1839) da USC, da Rede Temática de Investigación “As Literaturas Infantís e Xuvenís do Marco Ibérico e Iberoamericano” (LIXMI), da Asociación Galego-Portuguesa de Investigación en Literatura Infantil e X/Juvenil ELOS, sección da Asociación Nacional de Investigación en Literatura Infantil y Juvenil (ANILIJ). Secretaria de ELOS-Galicia. Asociación de investigación en Literatura Infantil e Xuvenil. Secretaria das revistas dixitais Boletín Galego de Literatura e Elos. Revista de Literatura Infantil e Xuvenil, aloxadas en revUSC. Participa nos proxectos “Bibliografía da Literatura Galega”, “Informes de Literatura” e “Investigación en Literatura Infantil e Xuvenil” do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, ademais doutros proxectos a nivel autonómico e estatal. Autora de artigos e recensións sobre Literatura e Literatura Infantil e Xuvenil.