Contido principal do artigo

Martín Veiga
University College Cork
Ireland
Núm. 45 (2011), Estudos
https://doi.org/10.15304/bgl.45.323
Recibido: 2012-05-10 Publicado: 2012-05-10
Cómo citar Citado por

Resumo

Por máis que a dedicación de Antón Avilés de Taramancos á traduciónpoética constitúe un feito ben coñecido, a relación entre ostextos que traduciu e súa propia obra non recibiu atención críticaabonda. Emporiso, libros como Crónica de Saint-John Perse e maisO cemiterio mariño de Paul Valéry, ambos os dous traducidos dofrancés ao galego por Avilés, arrequecen diversamente o abanointerpretativo dalgúns dos seus textos. O mesmo ocorre coa súa versióndun fragmento da rapsodia XXI da Odisea, episodio queacada un valor simbólico importante no conxunto da súa obra.Logo de elucidar o xeito en que a obra de Avilés de Taramancos sesitúa fronte a esas relacións intertextuais, o artigo céntrase na xénesedo poema “Os elementos do desastre ou o canto do vello capitánPablo de Rokha morto no exilio”, publicado en Dorna en 1983,un canto épico que actúa como homenaxe ao escritor chileno mencionadono título e que se caracteriza por unha singularidade: nonse trata dunha composición enteiramente orixinal de Avilés senón oresultado dunha derivación creativa da súa tarefa tradutora.

Descargas

Os datos de descarga ainda non están dispoñibles.

Detalles do artigo