No 45 (2011), Estudos
Recibido: 10-05-2012
Aceptado: 10-05-2012
Publicado: 10-05-2012
Partindo das bases metodolóxicas desenvolvidas arredor do ámbito da paratradución e mais doutras teorías como o marxismo(dende Gramsci até F. Jameson) e socioloxía literaria, este traballocéntrase na ideoloxía como elemento paratradutivo para analizar apresenza da noción de proletariado na poesía galega de finais dofranquismo. A partir dunha escolma de textos aproxímase ao devirpolítico e social da Galicia situada na mal denominada transición,propoñendo unha nova achega para cartografar a historia docampo literario galego de finais dos anos setenta, isto é, entre asúltimas representacións da vangarda e a aparición do posmodernismo.
campo literario, estéticas, ideoloxía, paratradución, posmodernismo, proletariado, repertorio, vangarda