Contido principal do artigo

Montserrat Pena Presas
Universidade de Santiago de Compostela
España
No 45 (2011), Estudos. A poesía galega actual: suxeitos, discursos, referentes en perspectiva comparada
Recibido: 10-05-2012 Aceptado: 10-05-2012 Publicado: 10-05-2012
Copyright Como citar

Resumo

Tras o fenómeno Letras de Cal, de importantes repercusións simbólicas,no sistema literario galego parece existir unha tendencia ainvisibilizar e a cinguir baixo idénticas etiquetas os grupos poéticosposteriores. Mais esta aparente homoxeneidade, xurdida comoconsecuencia do relevo que algún destes colectivos acadou enmovementos políticos e sociais –é este o caso das Redes Escarlata–,funciona unicamente na tona da dinámica literaria. Por unhabanda, porque se detecta a existencia de dous tipos de grupos poéticos,os que se chamarán “grupos formalmente constituídos” e osque se denominarán “redes de afinidade entre creadores”. Poroutra, porque ao analizar a incidencia no campo dos primeiros(nos que se centrará o estudo), comprobarase como, abalandoentre as arestas da resistencia e a anovación, cadaquén procuraunha intervención de seu no sistema. Non obstante, a hetereoxeneidadena conformación dos diferentes colectivos, as diferentespoéticas dos seus membros e a súa acción no ámbito local-comarcalsemellan ser os trazos compartidos dun subcampo que, á vezque se mantén nun segundo plano, se atopa en constante transformación.

Detalles do artigo