Contido principal do artigo

María López Sández
Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades
España
No 45 (2011), Estudos. A poesía galega actual: suxeitos, discursos, referentes en perspectiva comparada
Recibido: 10-05-2012 Aceptado: 10-05-2012 Publicado: 10-05-2012
Copyright Como citar

Resumo

Partindo do xiro espazocéntrico que se produciu nas últimasdécadas na cultura occidental, que levou a unha proliferación dopensamento arredor do espazo enriquecido polos fenómenoscontemporáneos da globalización e as estratexias correlativas delocalización, e tendo en conta as reflexións sobre a evolución dascidades postindustriais, os modos de habitación dos espazos, odesenvolvemento da ecocrítica e o ecofeminismo, as achegas interdisciplinaresque xunguen conceptos como a xestión do territorio, oturismo e os modos de representación, faise fincapé no interese quereside na análise das plasmacións literarias e poéticas do territorioen relación coas estratexias de resistencia e a xestión da identidade.Consonte este marco global, ofrécese un percorrido pola poesíagalega actual co obxectivo de detectar as transformaciónsoperadas nas estratexias tradicionais de uso do territorio como condiciónsimbólica da identidade e analizar e interpretar a ampliaciónde realemas e espazos, os xogos deconstrutivos e a inserción deespazos alleos á poesía tradicional que modifican radicalmente otratamento do espazo no discurso poético

Detalles do artigo