O corpo maltratado, sinécdoque da violencia de xénero na literatura vasca
Contido principal do artigo
Resumo
Este artigo analiza dúas novelas de autoría femenina: Tango Urdina, de Aitziber Etxeberria, que trata especificamente sobre o maltrato, e Aulki Jokoa, de Uxue Alberdi, que se achega ao tema da violencia sufrida polas mulleres en tempos de guerra. Estas dúas novelas puxéronse en comparación con outras tres novelas contemporáneas de autoría masculina: Zoaz infernura, laztana, de Anjel Lertzundi; Zureak egin du, de Iñaki Friera, e Golgota, de Xabier Montoya. As dúas primeiras teñen como eixe temático os malos tratos e a última incorpora o tema da violencia exercida contra as mulleres nas contendas bélicas.