Vol 46 (2011): Textos a escape: a literatura e a cultura na era dixital, Estudos
Recibido: 29-04-2014
Aceptado: 29-04-2014
A partir dun estudo sobre o contexto de creación dos novos dramaturgos cataláns, analizaremos a relación teatral que estabelecen co público en tres obras presentes na carteleira do primeiro semestre de 2011: Íncubo de Álex Mañas, Vimbodí vs Praga de Cristina Clemente e Un home amb ulleres de pasta de Jordi Casanovas. Trataremos de observar cales son as posíbeis novas formas de narrar na práctica teatral de Cataluña, cruzando reflexións (socio)lingüísticas e temáticas, por unha parte, e análises detalladas de influencias intermediais (televisión, cine, etc.), por outra, para tentar entender a posición destas creacións escénicas no sistema de representacións de e na Cataluña actual.
Álex Mañas, Cristina Clemente, intermedialidade, Jordi Casanovas, público, teatro catalán