Contido principal do artigo

Anxo Abuín González
Universidade de Santiago de Compostela
España
Vol 46 (2011): Textos a escape: a literatura e a cultura na era dixital, Estudos
Recibido: 29-04-2014 Aceptado: 29-04-2014
Copyright Como citar

Resumo

A televisión estase a lexitimar como obxecto de estudo, tamén dende o ámbito da Literatura Comparada. O autor propón neste artigo, con certa ironía, crear unha subdisciplina académica
chamada The Sopranos’Studies, que se ocupará de analizar os trazos fundamentais tanto formais coma temáticos desta serie norteamericana (HBO), convertida inmediatamente en obxecto
de culto. Préstase especial atención ao concepto de flexinarrativa, que sustenta a achega aos mecanismos do relato televisivo postos en práctica por esta serie.

Detalles do artigo