A Revista Galega de Economía é unha revista semestral fundada en 1992 e promovida pola Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela. Publica artigos orixinais relacionados cos campos da economía e o desenvolvemento empresarial de interese para os sectores produtivos e a sociedade. Tamén publica informes seleccionados sobre temáticas de interese especial. Ten unha perspectiva internacional, tanto no obxectivo de difundir a investigación realizada en Galicia como de recibir contribucións de interese xeral de diversas áreas do mundo. O conxunto dos seus interesantes artigos, publicados desde o seu inicio en 1992, é de lectura recomendable para estudantes e estudiosos da economía galega, española, europea e internacional.

A Revista Galega de Economía
aparece indexada en SCOPUS, Dialnet, InDICEs do CSIC, en IDEAS-RePEcREDIB, REDALYC, DOAJ e EconIS, entre outras. Tamén aparece recollida polas ferramentas de avaliación da calidade editorial como MIAR, DICE , Latindex ou CIRC.

O portal dixital da Revista Galega de Economía publícase en galego, español e inglés. As linguas de publicación son o galego, español, portugués e inglés.       

SCImago Journal & Country Rank

Impacto socioeconómico dos itinerarios culturais: “O Camiño de Santiago e outras rutas de peregrinación”

2020-05-13

Estimadas/os colegas,

Os itinerarios culturais e, particularmente, as rutas de peregrinación só teñen sido analizadas recentemente como un fenómeno turístico. Aínda que non foron inicialmente deseñados como un recurso turístico, na actualidade son promovidos como novos destinos e produtos turísticos.

Os itinerarios culturais son moito máis que rutas ordinarias, pois non só implican unha viaxe física a través dun territorio, senón tamén unha viaxe mental. Combinan experiencias medioambientais, culturais e espirituais, o que os converte en fenómenos complexos cuxo impacto na sociedade require dunha aproximación multidisciplinar.

O obxectivo principal deste número extraordinario é propiciar a xeración de coñecemento en torno  ao impacto socioeconómico dos itinerarios culturais, prestando especial atención a temas relacionados con:

  • Análise do impacto económico nas localidades ao longo da ruta: patróns de desenvolvemento local e endóxeno, sistemas de contabilidade económica, economía das cidades principais, novos modelos de especialización económica e comercial…
  • Modelos demográficos e outros cambios sociais promovidos polos itinerarios culturais.
  • Estratexias de marketing para promover itinerarios culturais.
  • Impactos medioambientais.
  • A función dos medios de comunicación impresos e dixitais e fluxos virtuais de información, ideas e imaxes á hora de diseminar información sobre a ruta.
  • O papel do negocio local, comunidade e organizacións gobernamentais para promover a ruta.
  • Impacto da COVID-19 nos itinerarios culturais.

Neste número especial publicaremos achegas orixinais sobre os temas propostos e outros similares. Todos os envíos serán sometidos a revisión cega para garantir a calidade científica dos traballos. Recepción de traballos: 1 xuño de 2020 - 28 de  febreiro de 2021.

Dr. Ruben Camilo Lois González, Universidade de Santiago de Compostela (Spain), rubencamilo.lois@usc.es

Dr. John Eade, University of Roehampton (UK),  J.Eade@roehampton.ac.uk

Dr. Adolfo Carballo Penela, Universidade de Santiago de Compostela (Spain) adolfo.carballo@usc.es

Número extraordinario

IMPACTO ECONÓMICO DO COVID-19

2020-04-22

Dada a relevancia dos efectos económicos do COVID-19, dende a RGE animamos muy especialmente o envío de traballos que analicen os impactos da pandemia na economía galega.

Incorporación a DOAJ

2020-03-10

Prácenos comunicar que a REVISTA GALEGA DE ECONOMIA acaba de ser incorporada a DOAJ (Directory of Open Access Journals), o referente das revistas científicas de acceso aberto de calidade. https://doaj.org/

"DESAFIOS SOCIOECONÓMICOS DO CAMBIO DEMOGRÁFICO"

2020-02-03

Data límite de envío: 31 de maio de 2020

Queridos/as colegas,


A poboación nas zonas rurais europeas durante o século XX desprazouse ás zonas urbanas. En consecuencia, o capital e a educación tenderon a concentrarse nestas áreas. No século XXI, este proceso viuse exacerbado polo movemento de persoas cara certos centros urbanos clave. A riqueza destas grandes áreas rurais baleiradas é incalculable en termos de patrimonio, sustentabilidade e calidade de vida. Unha cuestión clave para estes territorios e a súa poboación é a xestión sostible dos recursos materiais e o potencial humano. Fai falta unha intervención pública integral, intelixente e flexible para aproveitar as oportunidades, preservar a cultura e o patrimonio, e mellorar a atención ao envellecemento da poboación.


Invítamos a enviar traballos para a súa publicación na Revista Galega de Economía co seguinte tema: "Desafíos socioeconómicos do cambio demográfico". As áreas temáticas deben incluír algúns aspectos, tales como:


Desenvolvemento rural e sostibilidade empresarial, xestión do cambio demográfico a nivel local e transferencia interxeracional: ingresos, atención ou capacitación, entre outros.
Esperamos a súa achega para a súa revisión e actualización neste número especial. Os traballos enviaranse a revisores anónimos que avaliarán as achegas presentadas.

 

Dr. Melchor Fernández Fernández melchor.fernandez@usc.es

Dr. Ana Iglesias Casal ana.iglesias.casal@usc.es

Dr. Celia López-Penabad celia.lopez@usc.es

 

Número especial_2020

A idea de xustiza na ideoloxía liberal conservadora: fundamentos teóricos

  • Josep Baqués Quesada
Publicado 10-05-2020

A ideoloxía liberal conservadora adoita ser vista como a inimiga do Estado do benestar e incluso da idea mesma de xustiza social. Porén, non é menos certo que o seu discurso inclúe diagnósticos e remedios para consolidar unha sociedade máis for-te. Este artigo explora os fundamentos teóricos desa proposta, especialmente no que concirne aos dous grandes temas da igualdade e da pobreza, así como ao papel atribuído ao Estado e ao mercado, para alcanzar unha conclusión moi matizada na que se combinan críticas ao igualitarismo, concesións pragmáticas a certas políticas sociais e apostas máis convencidas a fa-vor de colectivos desfavorecidos.

Achegas ao exame do crecemento da acumulación industrial arxentina na posconvertibilidade (2005-2011) e a súa comparación coa fase de incremento neoliberal (1993-1998)

  • Federico Daniel Naspleda
Publicado 10-05-2020

Varias discusións tiveron lugar en relación á acumulación industrial arxentina desde a etapa neoliberal (denominada tamén como “convertibilidade”) ata a súa ruptura na etapa de posconvertibilidade. As discusións ordénanse ao redor de se entre ambos os lapsos se manifestaron cambios estruturais significativos no perfil industrial predominante –segundo a preponde-rancia na elaboración de commodities industriais– ou se, pola contra, existen máis continuidades. O presente estudo achégase aos mencionados debates examinando a industria, por unha banda baixo a dinámica de acumulación dos sectores que a inte-gran, e por outra, segundo un modelo insumo produto. Á súa vez, co obxectivo de estudar as características do crecemento das manufacturas na posconvertibilidade e de establecer comparacións coa convertibilidade, diferéncianse as fases de incre-mento acumulativo das fases de crises e recuperación. Este estudo incorpórase desde este enfoque ás teses que sosteñen as continuidades persistentes en ambas as etapas.

Unha análise empírica dos factores que inflúen no boca a boca electrónico nas redes sociais tras unha promoción de marca

  • Zaira Camoiras-Rodríguez
  • Concepción Varela-Neira
Publicado 10-05-2020

As redes sociais experimentaron nos últimos anos un gran crecemento en termos de uso por parte de consumidores e empre-sas, sendo cada vez máis frecuente o desenvolvemento de estratexias de comunicación de márketing nestes medios. As em-presas están aumentando o seu investimento en redes sociais co fin de atraer novos consumidores a través do boca a boca electrónico (electronic word of mouth [eWOM]) e estimular a intención de compra.
Este estudo contribúe á literatura incrementando o coñecemento dos factores que axudan á mellora do eWOM resultado dunha promoción realizada por unha marca en redes sociais, a través dun modelo combinado. O contraste empírico realízase cunha mostra de estudantes universitarios con presenza en diferentes redes sociais. As análises desenvolvidas efectúanse a través dun modelo de ecuacións estruturais. Os resultados mostran o papel relevante do intercambio de experiencias online entre consumidores e do compromiso coa rede social sobre a intención de eWOM. Así mesmo, destacan a importancia da oportunidade e a identificación coa rede social como determinantes destes antecedentes.

Modelo tridimensional da matriz institucional como ferramenta metodolóxica para deseñar cambios institucionais

  • Dmytro Ivanovych Dzvinchuk
  • Victor Pavlovych Petrenko
  • Mariana Stepanivna Orliv
  • Oleksandr Volodymyrovych Molodtsov
Publicado 10-05-2020

Este artigo ofrece un modelo tridimensional da matriz institucional que se pode utilizar como ferramenta metodolóxica para deseñar cambios institucionais en sociedades en transición que están a desenvolver os seus sistemas socioeconómicos. A base empírica da análise son os resultados do programa de investigación GLOBE, que define as puntuacións de valor e práctica das principais dimensións culturais de 62 países que afectan á formación e ao desenvolvemento das institucións. En contraste co concepto das matrices dominantes alternativas “orientais” (redistributivas) e “occidentais” (de mercado), como se coñecen actualmente, ofrécese, para interpretar as institucións económicas, ideolóxicas e políticas básicas da sociedade, a forma de vectores alternativos. Estes crean unha megamatriz espacial que consiste en dous matrices dominantes e seis complementarias. As matrices complementarias que se presentan neste artigo son interesantes para determinar as variantes no desenvolvemento dos sistemas socioeconómicos existentes, que non se poderían describir utilizando os elementos das matrices tradicionais. Demóstrase que as matrices institucionais reais dos sistemas socioeconómicos mixtos modernos se forman no espazo da megamatriz coa participación de todos os seus compoñentes. Revélanse as posibilidades e as condicións para utilizar o modelo ofrecido na implementación de cambios institucionais e no desenvolvemento de sistemas socioeconómicos.

Taxa de desemprego e formación de fogares en Portugal

  • Jonathan Torres Téllez
  • Alberto Montero Soler
Publicado 10-05-2020

Este artigo toma o caso de Portugal durante o período 2003-2017 para investigar o efecto dun shock negativo na taxa de de-semprego sobre a formación de novos fogares e o tempo durante o que esta se ve afectada polo empeoramento das condi-cións económicas xerais. Para iso, estimouse un Modelo de Vectores Autorregresivos no que se incorporan diversas variables endóxenas e exóxenas que, segundo a literatura, inciden sobre a formación de fogares. Os resultados demostran que a taxa de desemprego é a variable que en maior medida explica a creación de novos fogares, reforzando a relación entre a situación económica e outras variables de natureza social, como a emancipación persoal. Ademais, o impacto dun shock permanente na taxa de desemprego prolóngase durante os dous anos seguintes sobre a formación de novos fogares, momento no que esta volve aos seus niveis iniciais.

Aproximación mediante matrices de contabilidade social á análise multisectorial de sectores tecnolóxicos: o caso do sector da óptica en España

  • Margarita Barrera
  • Alfredo Mainar
  • José Vallés
Publicado 10-05-2020

Os sectores de alta tecnoloxía teñen capacidade para cambiar a dirección e a velocidade de crecemento dunha economía. Isto débese ao feito de que se producen cambios na tecnoloxía de produción destes sectores e, por tanto, tamén se producen cam-bios nas funcións da súa produción, nas funcións de demanda e, en consecuencia, no funcionamento da economía. Este traba-llo busca establecer as interaccións económicas que se producen cando existen cambios nalgún sector deste tipo. En concreto, aplícanse técnicas de análise multisectorial a matrices de contabilidade social para determinar como funciona o efecto multi-plicador dentro dunha economía, descompóndoo e analizando os efectos de redistribución que se producen sobre o resto das actividades económicas. Para a análise tómase como exemplo o caso da óptica en España; os resultados mostran unha alta capacidade dinamizadora destes sectores tanto polo seu efecto multiplicador como polos seus efectos de redistribución.

A Política Portuaria Europea: os novos desafíos da gobernanza

  • Fernando González-Laxe
Publicado 10-05-2020

A Unión Europea carece dunha lexislación única en materia portuaria, agás disposicións relativas ás instalacións portuarias e ao funcionamento de determinados servizos técnico-náuticos. Europa conta con máis de 1.200 portos, dos que 319 entre glo-bais e básicos están integrados no conxunto das Redes Transeuropeas de Transporte. Os portos desempeñan un rol esencial no tocante aos intercambios comerciais da UE e no que concirne ao servizo de pasaxeiros na medida en que son nós claves na rede comercial mundial. Así, o 74% das mercadorías extracomunitarias envíanse a través dos portos. O sector portuario eu-ropeo non é homoxéneo e repousa sobre diversos modelos organizativos. A diversidade portuaria europea, con diferencia-ción significativa en canto a tamaño, tipo, organización e forma de conectarse, fai difícil definir unha estratexia conxunta para afrontar os grandes retos actuais. O traballo aborda a análise dos avances na construción dunha política común portuaria e asemade expóñense as distintas concepcións cruzadas dos actores do negocio marítimo e portuario.

Vol 28 No 3 (2019)

Publicado: 2019-12-19

Táboa de contidos

Determinantes e cambios temporais no reparto das rendas turísticas entre orixe e destino. Evidencia das Illas Canarias

  • Santiago Rodríguez Feijoó
  • Delia Dávila Quintana
  • Alejandro Rodríguez Caro
  • Margarita Tejera Gil
Publicado 19-12-2019
Páxinas 37-54
Ver todos os números