Sémata é unha revista interdisciplinar editada pola Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela dende 1988. Ten periodicidade anual, e publica traballos orixinais de investigación sobre calquera das especialidades relativas ao eido das Ciencias Sociais e das Humanidades.
A revista está indexada nas seguintes bases de datos: ERIH PLUS, PASCAL, Fuente Académica Plus, CIRBIC, DIALNET, DICE, LATINDEX, ISOC, Modernitas Citas, REBIUN, RESH, Ulrich’s Directory, MIAR, REDIB.
O portal dixital de Sémata publícase en galego, inglés e español. As linguas de publicación preferentes da revista son o galego, portugués e español.

                              

                              

O fenómeno das peregrinacións. Reflexións e prácticas desde unha perspectiva multidisciplinar

2021-01-21

Os estudos sobre as peregrinacións, o que se veu denominar “Pilgrimage Studies”, manifestáronse como un campo de traballo en expansión nestes primeiros anos do século XXI. A crecente interacción cultural, propiciada en boa medida pola denominada sociedade da información, motivou o recoñecemento de que os fenómenos de peregrinación locais teñen espellos en moitas outras latitudes. Neste sentido, pode afirmarse que Santiago de Compostela e o Camiño constitúen un fecundo laboratorio na materia. Nesta cidade, e desde os propios grupos de investigación da Universidade de Santiago de Compostela, reflexionouse, publicado e organizado eventos sobre o denominado “fenómeno xacobeo”, tanto desde as disciplinas de Historia da Arte, como da Xeografía, a Historia, a Filoloxía ou a Economía. Mesmo, nos últimos anos creouse unha Cátedra Institucional do Camiño de Santiago e das Peregrinacións.

Non é este un fenómeno illado. En efecto, outras universidades crearon Centros para dinamizar estudos sobre a peregrinación e organizar actividades e publicacións. O Centre for Pilgrimage Studies da Universidade de York, o Oxford Pilgrimage Studies Network ou o Pilgrimage Studies Network son algúns exemplos. Paralelamente a este proceso institucional, tamén se publicaron artigos académicos e libros especializados, así como fomentado xornadas e estudos que buscan reflexionar sobre as peregrinacións desde unha perspectiva global. De tal forma, a comprensión das peregrinacións tórnase máis complexa. As novas liñas de traballo introducen o turismo e os impactos políticos e económicos como unha parte importante nas investigacións. Paralelamente, amplíase o foco de interese. Así, o Magreb, o Sueste asiático, a India, Malaisia, as Illas do Pacífico, Australia, África do Sur ou América Latina complementan a Europa como focos de estudo de fenómenos de peregrinación.

O número 33 da Revista SÉMATA, da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela, ofrece un marco para presentar investigacións sobre o fenómeno das peregrinacións, xa sexa desde unha dimensión eminentemente teórica, xa sexa desde un sustento fundamentalmente práctico. É dicir, terán cabida tanto traballos que aborden cuestións sobre a idea de peregrinación, os seus debates e as súas diferentes perspectivas de  abordaxe, como estudos que fagan referencia a peregrinacións concretas nas diversas localizacións do planeta. Así mesmo, non existe un corte cronolóxico na nosa proposta; é posible, deste xeito, enviar manuscritos sen importar a época concreta de estudo.

No mesmo sentido propositivo, o dossier que presentamos desexa profundar nunha das sinais de identidade da revista SÉMATA, que é a multidisciplinaridade. Asentada nas disciplinas da Xeografía, a Arte e a Historia como campos institucionais, pero tamén como frutíferos campos de saber, pretendemos desde elas propiciar un encontro entre diversas disciplinas propias das ciencias humanas e sociais, tales como a Filoloxía, a Literatura, a Economía, o Turismo, a Ciencia Política ou a Socioloxía, entre outras.

Convocamos, por tanto, a especialistas das diferentes disciplinas a achegar os seus traballos para reflexionar sobre as peregrinacións. O obxectivo consiste en problematizar sobre as peregrinacións co fin de alcanzar diferentes puntos de vista teóricos e empíricos, e mostrar así unha idea complexa sobre o fenómeno desde distintos enfoques epistémicos, que poden –e deberían– complementase. Buscamos, deste xeito, semánticas que poidan construír vías de diálogo entre disciplinas, con achegas que poden provir de distintas linguas, como son o galego, portugués, catalán, español, francés, inglés, alemán e italiano.

Cronograma de traballo:

  • 1 marzo de 2021: recepción de propostas de artigos. Deberán incluír nome e filiación institucional dos seus autores; resumo; palabras chave; dez liñas curriculares sobre o seu autor/es. Deberán enviarse por correo electrónico aos coordinadores do número: Israel Sanmartín Barros (israel.sanmartin@usc.es) e Juan M. Trillo Santamaría (juanmanuel.trillo@usc.es).
  • 15 marzo 2021: comunicación persoal das propostas
  • 31 xuño 2021: entrega de orixinais

As       normas       de       edición       da       revista       poden       consultarse       en:

https://revistas.usc.gal/index.php/semata/about/submissions

Máis               información               sobre               a               publicación               en:

http://www.usc.es/revistas/index.php/semata/index

SÉMATA é unha revista interdisciplinar, de periodicidade anual, que publica traballos orixinais de investigación sobre calquera das especialidades relativas ao campo das Ciencias Sociais e as Humanidades. Os números da revista teñen un carácter monográfico e rotatorio entre as áreas de Xeografía, Historia e Historia da arte.

A revista atópase indexada nas seguintes bases de datos: CIRBIC, DIALNET, DICE, FRANCIS, LATINDEX, ISOC, Modernitas Citas, REBIUN, RESH, Ulrich’s Directory, MIAR, e-Revistas. Conta cun índice de impacto en Humanidades de 4,380 (MIAR), unha valoración de difusión internacional do 10,5% (DI), a categoría B (ANEP) e cumpre 32 dos 33 criterios de LATINDEX.

O portal de SÉMATA publícase en galego, español e inglés; as linguas de publicación son o galego, portugués, catalán, español, francés, inglés, alemán e italiano. Cada traballo será lido polos coordinadores científicos do número. Os traballos que non se ateñan estritamente ás normas que se indican serán devoltos aos autores, para a súa corrección antes de ser revisados polos asesores. Cada artigo será sometido a unha dobre revisión externa e anónima por parte de expertos na materia, designados polo Consello editorial. O contido desta revista está dispoñible en forma de acceso libre 6 mes(é) despois de que o número se publique.

https://revistas.usc.gal/documentos/Semata_n_33_dossier.pdf

 

Máis Novas...

No 32 (2020)

Este año Sémata dedica su Dosier a "La Perspectiva biográfica hoy: teoría, debates, práctica", coordinado por Valerio Giannattasio (Università degli Studi della Campania Luigi Vanvitelli) y Eduardo Rey Tristán (Universidad de Santiago de Compostela). Consta de 9 trabajos tanto de debate teórico y metodológico como de estudios de caso. Además su sección Varia incluye 8 artículos de Arte, Historia, Antropología y Educación. Cierran el número la secciones de Reseñas y Notas de investigación.

Publicado: 2020-11-18

Táboa de contidos

Índice

Publicado 13-11-2020
Páxinas 1-7

A perspectiva biografica hoxe: teoría, debates, práctica

  • Valerio Giannattasio
  • Eduardo Rey Tristán
Publicado 13-11-2020
Páxinas 9-17

Transferencias culturales, experiencias y emociones: retos y avances para las biografías en el exilio

  • Carolina Rodríguez López
  • Antonio López Vega
Publicado 13-11-2020
Páxinas 65-89

Reflexiones historiográficas sobre la biografía

  • Edgar de Jesús Velásquez Rivera
Publicado 13-11-2020
Páxinas 91-114

De lo particular a lo general. La biografía y el contexto en el caso de Fulgencio Batista

  • Andrea Alcántara Janeiro
Publicado 13-11-2020
Páxinas 115-130

Ernesto da Silva (1868-1903) y la biografía de líderes obreros en Portugal

  • Beatriz Peralta García
Publicado 13-11-2020
Páxinas 151-176

Conformación de la ideología revolucionaria. El caso español de GRAPO

  • Jonatan Rodrigues López
Publicado 13-11-2020
Páxinas 327-347

Del silencio a la narración de mujeres en pueblos originarios. Historias de violación

  • Alba Hortencia González Reyes
Publicado 13-11-2020
Páxinas 349-367

O papel das políticas públicas de educaçao para a ampliaçao das liberdades dos jovens

  • Márcia Moreira da Cunha
  • Dênis Antônio da Cunha
  • Álvaro Antônio Xavier de Andrade
  • Nathalia Thais Cosmo da Silva
Publicado 13-11-2020
Páxinas 369-387

Mazarelos e a divulgación da Historia e das Humanidades

  • David Miguel Rodríguez Martínez
  • Roque Sanfíz Arias
  • Mateo Martínez Torres
Publicado 13-11-2020
Páxinas 437-440
Ver todos os números