Recursos Rurais. Revista do IBADER (Instituto de Biodiversidade e Desenvolvemento Agrario)  é unha revista internacional, de carácter anual fundada en 2006, que acolle artigos, revisións e notas orixinais sobre a investigación e desenvolvemento tecnolóxico no ámbito da conservación e xestión da biodiversidade e do medio ambiente, dos sistemas de produción agrícola, gandeira, forestal e referidos á planificación do territorio, tendentes a propiciar o desenvolvemento sostíbel dos recursos naturais do espazo rural.


Recursos Rurais aparece indexada en URBADOC, AGRIS, ISOC, ICYT, DIALNET, Cirbic, Latindex, AGRIS, Rebiun, Internet Archive e ResearchGate.
O portal dixital de Recursos Rurais aparece en galego, español e inglés; as linguas de publicación son o galego, español, francés, inglés e portugués.

Ver todos os números