Contido principal do artigo

Blanca Rodríguez López
Universidad Complutense de Madrid
España
Vol 21 No 1 (2017): SIEU 2014 TERCER SEMINARIO INTERNACIONAL 26-27 JUNIO 2014 (SEGUNDA PARTE), SIEU 2014 SEMINARIO INTERNACIONAL 26-27 JUNIO 2014 UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, ESPAÑA, páxinas 21-41
DOI https://doi.org/10.15304/t.21.1.3961
Recibido: 24-02-2017 Aceptado: 24-02-2017 Publicado: 19-06-2017
Copyright Como citar

Resumo

Unha das críticas máis habituais contra o utilitarismo consiste en sinalar a súa incapacidade para recoñecer a relevancia moral da distinción entre accións e omisións. Segundo esta crítica, afirmar a irrelevancia desta distinción 1) vai en contra das intuicións do sentido común, 2) elimina a diferenza entre o obrigatorio e o meritorio e 3) fai inviable a proposta utilitarista, ao propor unha moral demasiado esixente.

Neste traballo centrarémonos no segundo aspecto desta crítica, e defenderemos que o utilitarismo si dispón dos medios para distinguir entre o obrigatorio e o meritorio. Así mesmo, defenderemos que o utilitarismo non necesita renunciar a afirmar a irrelevancia moral da distinción entre accións e omisións para responder adecuadamente a esas críticas.

Para iso, valerémonos fundamentalmente da análise ofrecida por John S. Mill no capítulo cinco da súa obra Utilitarismo, no que ao noso xuízo pode atopase a versión clásica da resposta a esta crítica, que dunha ou outra maneira os utilitaristas contemporáneos asumiron e desenvolveron.

Citado por

Detalles do artigo