É necesario rexistrarse Rexistrarse e identificarse Vaia a identificación para poder enviar artigos online e para comprobar o estado dos envíos.

Os autores deben verificar que o seu envío cumpre as seguintes directrices. Os envíos que non cumpran algunha destas directrices poderán ser rexeitados.

  • O traballo é orixinal, inédito e non está sometido á consideración para a súa publicación en ningunha outra plataforma editorial.
  • O texto cumpre cos requisitos bibliográficos e de estilo indicados nas Normas para autoras/es.
  • O texto foi revisado por unha persoa nativa no idioma en que se envía.
  • Se está enviando un traballo a unha sección da revista que se revisa por pares, ten que asegurarse de que as instrucións que figuran en Asegurando unha revisión a cegas foron seguidas.
  • Se o artigo inclúe calquera tipo de material que requira permiso para a súa reprodución, debe facelo constar (use Comentarios ao editor) e proporcionar ao editor os correspondentes permisos. O editor, en calquera caso, exímese de toda responsabilidade derivada da eventual vulneración de dereitos de propiedade intelectual por parte do autor.

Revista Galega de Economía da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela é unha revista científica que publica artigos orixinais relacionados cos campos da economía e a empresa.

Vai dirixida á comunidade científica e universitaria nacional e internacional, así como a todos os profesionais dos campos mencionados anteriormente.

Ten periodicidade semestral –o número 1 corresponde a xuño e o número 2 a decembro–, aínda que pode publicar un número monográfico extraordinario por ano no mes de setembro.

Os traballos deberán ser orixinais, inéditos e non estar sometidos á consideración para a súa publicación en ningunha outra plataforma editorial.

Admite traballos en galego, castelán, portugués e inglés. Na súa versión dixital pode atoparse, cando menos, en galego e en castelán.

XESTIÓN EDITORIAL DOS ORIXINAIS

Polo que respecta ás linguas nas que se poden enviar os traballos, e unha vez aprobados estes para a súa publicación, cómpre sinalar o seguinte:

· Traballos escritos en portugués e inglés: poderá pedírselles aos autores que envíen unha versión en castelán ou galego.

· Os traballos poderán ser rexeitados en calquera fase do proceso se presentan baixa calidade lingüística.

FORMATO DE PRESENTACIÓN DOS ARTIGOS

Os traballos deberán enviarse en formato Microsoft Word, utilizando la plantilla:

https://revistas.usc.gal/documentos/Plantilla_artigo_galego.docx

1) Extensión máxima: 8.000 palabras, excluíndo anexos e bibliografía.

2) Primeira páxina:

– Título e tradución ao inglés.

–Resume: máximo 150 palabras, e tradución ao inglés.

– 3-5 palabras clave e tradución ao inglés.

– Códigos JEL.

3) Táboas, cadros, gráficos, figuras e mapas: numeraranse consecutivamente con caracteres arábigos no texto, e incluirán un título breve e conciso e a súa fonte, podendo incluír notas aclaratorias antes da fonte. Deberán colocarse no texto principal o máis cerca posible da primeira vez que se citan.

4) Citas bibliográficas e referencias bibliográficas deben seguir as normas incluídas no Manual de publicación da American Psychological Association (APA), 6ª edición. Así mesmo, recoméndase utilizar estes estándares como manual de estilo para a redacción de los manuscritos. A puntuación e a orde axustaranse aos seguintes modelos:

– ARTIGOS EN REVISTAS:

Tödtling, F., Skokan, K., Höglinger, C., Rumpel, P., e Grillitsch, M. (2013). Innovation and knowledge sourcing of modern sectors in old industrial regions: Comparing software firms in Moravia-Silesia and Upper Austria. European Urban and Regional Studies, 20(2), 188-205. DOI: https://doi.org/10.1177/0969776411428498

– LIBROS:

Edler, J., Georghiou, L., Uyarra, E., e Yeow, J. (2015). The meaning and limitations of public procurement for inno-vation: A supplier's experience. En C. Edquist, N. Vonortas, J.M. Zabala-Iturriagagotia e J. Edler (Eds.), Public procurement for innovation (pp. 35-64). Cheltenham, England: Edward Elgar.

– CAPÍTULOS DE LIBROS:

Cepilovs, A. (2014). Public procurement for innovation in small states. The case of Latvia. En F. Decarolis e M. Frey (Eds.), Public procurement’s place in the world. The charge towards sustainability and innovation (pp. 93-130). Houndmills, England: Palgrave/Macmillan. Recuperado de https://www.springer.com/jp/book/9781137430632

– COMUNICACIÓNS:

Campón, A., Baptista, H., e Hérnandez, J. M. (2009). El marketing relacional en el sector turístico. El caso del turismo rural: un enfoque teórico. En F. J. Cossío Silva (Coord.), Administrando en entornos inciertos: XXIII Congreso Anual AEDEM. Sevilla, 3-5 de junio de 2009. Madrid: ESIC. Recuperado de https://idus.us.es/xmlui/handle/11441/77758

– WORKING PAPERS:

Belloni, A., Morgan D., e Paris V. (2016). Pharmaceutical expenditure and policies: Past trends and future challenges. OECD Health Working Papers, 87. Paris, France: OECD. https://doi.org/10.1787/5jm0q1f4cdq7-en

– LEXISLACIÓN:

Ley 6/1998, de 13 de abril, sobre régimen del suelo y valoraciones. Boletín Oficial del Estado, Nº. 89, de 14 de abril de 1998, pp. 12296-12304. Madrid: Jefatura del Estado. Recuperado de https://www.boe.es/buscar/doc.php?id=BOE-A-1998-8788

SECCIÓNS COMPLEMENTARIAS E AS SÚAS CARACTERÍSTICAS

A modo de seccións complementarias, e dependendo da dispoñibilidade de espazo e doutros recursos editoriais, a Revista Galega de Economía tamén poderá publicar textos co seguinte carácter e requisitos:

NOTAS BREVES: Textos referidos a aspectos puntuais dunha investigación en curso.

Características: máximo 4.000 palabras, excluíndo anexos e bibliografía. Deberá utilizarse a plantilla:

https://revistas.usc.gal/documentos/Plantilla_notasbreves_galego.docx

Protocolo de avaliación: O procedemento de avaliación é o mesmo que o que se describe para os artigos, aínda que só se solicita un informe.

RECENSIÓNS BIBLIOGRÁFICAS: Información crítica sobre as novidades editoriais publicadas nos dous anos anteriores en temas relacionados coa economía, coa administración e dirección de empresas e coas ciencias sociais.

Características: máximo 1.500 palabras. Deberá utilizarse a plantilla:

https://revistas.usc.gal/documentos/Plantilla_recension_galego.docx

Protocolo de avaliación: Serán revisadas por algún dos membros do Consello de Redacción (CR) ou por outros especialistas da área designados polo CR, quen decidirán sobre a súa publicación.

RESUMOS DE TESES DE DOUTORAMENTO de Economía ou de Administración e Dirección de Empresas lidas nos últimos dous anos en calquera das universidades galegas.

Características: máximo 400 palabras. Deberá utilizarse a plantilla:

https://revistas.usc.gal/documentos/Plantilla_tese_doutoramento_galego.docx

Non se avalían.