Revista Galega de Economía https://revistas.usc.gal/index.php/rge
A Revista Galega de Economía é unha revista semestral fundada en 1992 e promovida pola Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela. Publica artigos orixinais relacionados cos campos da economía e o desenvolvemento empresarial de interese para os sectores produtivos e a sociedade. Tamén publica informes seleccionados sobre temáticas de interese especial. Ten unha perspectiva internacional, tanto no obxectivo de difundir a investigación realizada en Galicia como de recibir contribucións de interese xeral de diversas áreas do mundo. O conxunto dos seus interesantes artigos, publicados desde o seu inicio en 1992, é de lectura recomendable para estudantes e estudiosos da economía galega, española, europea e internacional.

A Revista Galega de Economía aparece indexada en SCOPUS, Dialnet, InDICEs do CSIC, en IDEAS-RePEc, REDIB, REDALYC, DOAJ e EconIS, entre outras. Tamén aparece recollida polas ferramentas de avaliación da calidade editorial como MIAR, DICE , Latindex ou CIRC.

O portal dixital da Revista Galega de Economía  publícase en galego, español e inglés. As linguas de publicación son o galego, español, portugués e inglés.
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico gl-ES Revista Galega de Economía 1132-2799

A partires de 2019 os autores que publican nesta revista están de acordo cos seguintes termos:

1. A Universidade de Santiago de Compostela conserva os dereitos de autor das obras publicadas, e promove e permite a reutilización das mesmas baixo a licenza indicada no punto 2.

2. Os artigos publícanse na edición electrónica da revista baixo unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Non derivadas 4.0 Internacional (CC BY-NC-ND 4.0). Todos os traballos poden copiarse, usarse, diseminarse, transmitirse e mostrarse publicamente, con agradecementos aos autores, mencionando a URL, a revista, e que os materiais non se utilizan para fins comerciais.

3. Todos os autores están de acordo coa licenza de uso utilizada pola revista, coas condicións de auto-arquivo e coa política de acceso aberto.

4. Os autores están autorizados a difundir electronicamente (por exemplo, en repositorios institucionais ou nos seus propios sitios web) a versión publicada dos seus manuscritos, xa que pode dar lugar a intercambios productivos, así como a unha citación mais temperá e maior dos traballos publicados (Véxase The Effect of Open Access).

Con anterioridade a esta data, ao publicar en Revista Galega de Economía, o autor cede todos os dereitos de explotación do seu artigo á Universidade de Santiago de Compostelaque, coas condicións e limitacións dispostas pola lexislación en materia de propiedade intelectual, son as titulares do copyright. Esta titularidade concede á Universidade de Santiago de Compostela o dereito exclusivo e para todo o mundo a:

publicar a versión final do artigo na revista e distribuílo e/ou comunicalo publicamente, tanto na revista en si como noutros medios relacionados, en formato impreso, dixital ou calquera outro que poida inventarse no futuro;

traducir ou realizar abstracts do artigo e distribuílos e/ou comunicalos publicamente, e autorizar ou ceder a terceiros o mesmo dereito;

depositar copias ou referencias do artigo en arquivos en liña tanto en plataformas propias da Universidade de Santiago de Compostela como en plataformas de terceiros autorizadas pola Universidade de Santiago de Compostela.

Unha análise empírica dos factores que inflúen no boca a boca electrónico nas redes sociais tras unha promoción de marca https://revistas.usc.gal/index.php/rge/article/view/6123
As redes sociais experimentaron nos últimos anos un gran crecemento en termos de uso por parte de consumidores e empre-sas, sendo cada vez máis frecuente o desenvolvemento de estratexias de comunicación de márketing nestes medios. As em-presas están aumentando o seu investimento en redes sociais co fin de atraer novos consumidores a través do boca a boca electrónico (electronic word of mouth [eWOM]) e estimular a intención de compra.
Este estudo contribúe á literatura incrementando o coñecemento dos factores que axudan á mellora do eWOM resultado dunha promoción realizada por unha marca en redes sociais, a través dun modelo combinado. O contraste empírico realízase cunha mostra de estudantes universitarios con presenza en diferentes redes sociais. As análises desenvolvidas efectúanse a través dun modelo de ecuacións estruturais. Os resultados mostran o papel relevante do intercambio de experiencias online entre consumidores e do compromiso coa rede social sobre a intención de eWOM. Así mesmo, destacan a importancia da oportunidade e a identificación coa rede social como determinantes destes antecedentes.
Zaira Camoiras-Rodríguez Concepción Varela-Neira Copyright (c) https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/ 2020-05-10 2020-05-10 29 1 1 18 10.15304/rge.29.1.6123 A Política Portuaria Europea: os novos desafíos da gobernanza https://revistas.usc.gal/index.php/rge/article/view/6401
A Unión Europea carece dunha lexislación única en materia portuaria, agás disposicións relativas ás instalacións portuarias e ao funcionamento de determinados servizos técnico-náuticos. Europa conta con máis de 1.200 portos, dos que 319 entre glo-bais e básicos están integrados no conxunto das Redes Transeuropeas de Transporte. Os portos desempeñan un rol esencial no tocante aos intercambios comerciais da UE e no que concirne ao servizo de pasaxeiros na medida en que son nós claves na rede comercial mundial. Así, o 74% das mercadorías extracomunitarias envíanse a través dos portos. O sector portuario eu-ropeo non é homoxéneo e repousa sobre diversos modelos organizativos. A diversidade portuaria europea, con diferencia-ción significativa en canto a tamaño, tipo, organización e forma de conectarse, fai difícil definir unha estratexia conxunta para afrontar os grandes retos actuais. O traballo aborda a análise dos avances na construción dunha política común portuaria e asemade expóñense as distintas concepcións cruzadas dos actores do negocio marítimo e portuario.
Fernando González-Laxe Copyright (c) https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/ 2020-05-10 2020-05-10 29 1 1 17 10.15304/rge.29.1.6401 A idea de xustiza na ideoloxía liberal conservadora: fundamentos teóricos https://revistas.usc.gal/index.php/rge/article/view/5413
A ideoloxía liberal conservadora adoita ser vista como a inimiga do Estado do benestar e incluso da idea mesma de xustiza social. Porén, non é menos certo que o seu discurso inclúe diagnósticos e remedios para consolidar unha sociedade máis for-te. Este artigo explora os fundamentos teóricos desa proposta, especialmente no que concirne aos dous grandes temas da igualdade e da pobreza, así como ao papel atribuído ao Estado e ao mercado, para alcanzar unha conclusión moi matizada na que se combinan críticas ao igualitarismo, concesións pragmáticas a certas políticas sociais e apostas máis convencidas a fa-vor de colectivos desfavorecidos.
Josep Baqués Quesada Copyright (c) https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/ 2020-05-10 2020-05-10 29 1 1 18 10.15304/rge.29.1.5413 Modelo tridimensional da matriz institucional como ferramenta metodolóxica para deseñar cambios institucionais https://revistas.usc.gal/index.php/rge/article/view/6236
Este artigo ofrece un modelo tridimensional da matriz institucional que se pode utilizar como ferramenta metodolóxica para deseñar cambios institucionais en sociedades en transición que están a desenvolver os seus sistemas socioeconómicos. A base empírica da análise son os resultados do programa de investigación GLOBE, que define as puntuacións de valor e práctica das principais dimensións culturais de 62 países que afectan á formación e ao desenvolvemento das institucións. En contraste co concepto das matrices dominantes alternativas “orientais” (redistributivas) e “occidentais” (de mercado), como se coñecen actualmente, ofrécese, para interpretar as institucións económicas, ideolóxicas e políticas básicas da sociedade, a forma de vectores alternativos. Estes crean unha megamatriz espacial que consiste en dous matrices dominantes e seis complementarias. As matrices complementarias que se presentan neste artigo son interesantes para determinar as variantes no desenvolvemento dos sistemas socioeconómicos existentes, que non se poderían describir utilizando os elementos das matrices tradicionais. Demóstrase que as matrices institucionais reais dos sistemas socioeconómicos mixtos modernos se forman no espazo da megamatriz coa participación de todos os seus compoñentes. Revélanse as posibilidades e as condicións para utilizar o modelo ofrecido na implementación de cambios institucionais e no desenvolvemento de sistemas socioeconómicos.
Dmytro Ivanovych Dzvinchuk Victor Pavlovych Petrenko Mariana Stepanivna Orliv Oleksandr Volodymyrovych Molodtsov Copyright (c) https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/ 2020-05-10 2020-05-10 29 1 1 15 10.15304/rge.29.1.6236 Taxa de desemprego e formación de fogares en Portugal https://revistas.usc.gal/index.php/rge/article/view/6257
Este artigo toma o caso de Portugal durante o período 2003-2017 para investigar o efecto dun shock negativo na taxa de de-semprego sobre a formación de novos fogares e o tempo durante o que esta se ve afectada polo empeoramento das condi-cións económicas xerais. Para iso, estimouse un Modelo de Vectores Autorregresivos no que se incorporan diversas variables endóxenas e exóxenas que, segundo a literatura, inciden sobre a formación de fogares. Os resultados demostran que a taxa de desemprego é a variable que en maior medida explica a creación de novos fogares, reforzando a relación entre a situación económica e outras variables de natureza social, como a emancipación persoal. Ademais, o impacto dun shock permanente na taxa de desemprego prolóngase durante os dous anos seguintes sobre a formación de novos fogares, momento no que esta volve aos seus niveis iniciais.
Jonathan Torres Téllez Alberto Montero Soler Copyright (c) https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/ 2020-05-10 2020-05-10 29 1 1 19 10.15304/rge.29.1.6257 Aproximación mediante matrices de contabilidade social á análise multisectorial de sectores tecnolóxicos: o caso do sector da óptica en España https://revistas.usc.gal/index.php/rge/article/view/6304
Os sectores de alta tecnoloxía teñen capacidade para cambiar a dirección e a velocidade de crecemento dunha economía. Isto débese ao feito de que se producen cambios na tecnoloxía de produción destes sectores e, por tanto, tamén se producen cam-bios nas funcións da súa produción, nas funcións de demanda e, en consecuencia, no funcionamento da economía. Este traba-llo busca establecer as interaccións económicas que se producen cando existen cambios nalgún sector deste tipo. En concreto, aplícanse técnicas de análise multisectorial a matrices de contabilidade social para determinar como funciona o efecto multi-plicador dentro dunha economía, descompóndoo e analizando os efectos de redistribución que se producen sobre o resto das actividades económicas. Para a análise tómase como exemplo o caso da óptica en España; os resultados mostran unha alta capacidade dinamizadora destes sectores tanto polo seu efecto multiplicador como polos seus efectos de redistribución.
Margarita Barrera Alfredo Mainar José Vallés Copyright (c) https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/ 2020-05-10 2020-05-10 29 1 1 18 10.15304/rge.29.1.6304 Achegas ao exame do crecemento da acumulación industrial arxentina na posconvertibilidade (2005-2011) e a súa comparación coa fase de incremento neoliberal (1993-1998) https://revistas.usc.gal/index.php/rge/article/view/6063
Varias discusións tiveron lugar en relación á acumulación industrial arxentina desde a etapa neoliberal (denominada tamén como “convertibilidade”) ata a súa ruptura na etapa de posconvertibilidade. As discusións ordénanse ao redor de se entre ambos os lapsos se manifestaron cambios estruturais significativos no perfil industrial predominante –segundo a preponde-rancia na elaboración de commodities industriais– ou se, pola contra, existen máis continuidades. O presente estudo achégase aos mencionados debates examinando a industria, por unha banda baixo a dinámica de acumulación dos sectores que a inte-gran, e por outra, segundo un modelo insumo produto. Á súa vez, co obxectivo de estudar as características do crecemento das manufacturas na posconvertibilidade e de establecer comparacións coa convertibilidade, diferéncianse as fases de incre-mento acumulativo das fases de crises e recuperación. Este estudo incorpórase desde este enfoque ás teses que sosteñen as continuidades persistentes en ambas as etapas.
Federico Daniel Naspleda Copyright (c) https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/ 2020-05-10 2020-05-10 29 1 1 17 10.15304/rge.29.1.6063 Os portugueses tranquilos: son os contribuíntes portugueses víctimas da ilusión fiscal? https://revistas.usc.gal/index.php/rge/article/view/6626
Este artigo analiza as catro dimensións que xeran ilusión fiscal a través dunha enquisa respondida por unha mostra da poboación da rexión norte de Portugal. As dimensións enquisadas foron: (1) nesgo na percepción dos contribuíntes dos custos e beneficios dos programas públicos; (2) ignorancia ou falta de atención sobre a realidade fiscal (como sobre a estrutura tributaria ou a recadación asociada); (3) aproveitar o calendario e as expectativas do contribuínte para unha recadación de impostos optimizada; e (4) asociación da realidade socioeconómica circundante coa estrutura fiscal. Os resultados mostran que a dimensión máis grave presente entre os contribuíntes portugueses analizados é a relativa falta de atención á realidade fiscal. A través dunha análise utilizando probas apropiadas, observouse que algunhas dimensións, como a educación e os ingresos dos contribuíntes, inflúen significativamente no risco individual de ilusión fiscal.
Ana Araujo Paulo Jorge Reis Mourão Pedro Daraujo Copyright (c) 2020 https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/ 2020-05-29 2020-05-29 29 1 1 20 10.15304/rge.29.1.6626 Crise e fraxilidade financeira grega baixo a hipótese de inestabilidade de Minsky https://revistas.usc.gal/index.php/rge/article/view/6609
Grecia aínda non atopou o camiño cara á súa recuperación desde que a súa economía se contraese ano tras ano desde o 2008. Arguméntase neste artigo que o factor central deste resultado foi a dinámica de financiamento dos países máis involucrados no endebedamento grego, que foi considerablemente maior e que influíu máis negativamente sobre a economía grega que o deficiente e dispendioso manexo fiscal no que puideron incorrer diferentes gobernos. O ímpeto mostrado polos servizos financeiros non correspondeu á debilidade do sector real, pois o endebedamento e os fluxos financeiros foron utilizados sen restrición ningunha para satisfacer os intereses dos acredores. Neste traballo realízase unha análise das canles que foron alimentando a débeda grega no contexto proposto por Minsky (1992) de inestabilidade financeira, que ten lugar cando unha economía transita desde a estabilidade financeira cara a un escenario de inestabilidade soportado en dúas variables determinantes: os altos e esaxerados xuros do servizo da débeda e mais o tipo de axentes posuidores dos activos de débeda. Os xuros do servizo da débeda contraída polo Goberno desde a súa incorporación á zona euro xunto ao forte impulso do financiamento provocaron que a débeda se convertese nunha bóla de neve xigante, mentres que o cambio nos posuidores de débeda impediu que o Goberno puidese cumprir coas estritas e onerosas reformas gobernamentais e macroeconómicas, que repercutiron directamente sobre a capacidade de pagamento dos Gobernos gregos e que provocaron resultados negativos sobre o benestar da sociedade.
Amparo Alejandra Reyes Escobar Carlos Antonio Rozo Bernal Copyright (c) 2020 https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/ 2020-05-29 2020-05-29 29 1 1 18 10.15304/rge.29.1.6609 Álvarez-García, B., Abeal-Vázquez, J-P. (2020). Emerging tools and strategies for financial management. Hershey, PA: IGI Global Book, 357 pp. https://revistas.usc.gal/index.php/rge/article/view/6882 Renato Domingues Copyright (c) 2020-05-26 2020-05-26 29 1 1 2