Contido principal do artigo

Manuel Francisco Vieites
Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, Universidade de Vigo
España
https://orcid.org/0000-0003-4372-6234
Biografía
Vol 28 (2022), Artigos
DOI https://doi.org/10.15304/moenia.id8468
Recibido: 11-05-2022 Aceptado: 10-02-2023 Publicado: 13-03-2023
Copyright Como citar Artigos máis lidos do mesmo autor/a(s) Citado por

Resumo

En 2021 pasou, case inadvertido, o centenario da publicación de Alén, de Xaime Quintanilla, peza fundamental na renovación da literatura dramática galega anterior á Segunda República. A obra contiña unha proposta anovadora para unha escena aínda inzada dun rexionalismo cultural moi asentado no costumismo, e que, con espectáculos como A man de Santiña, quería iniciar a senda dun realismo enxebre. Neste artigo, escrito a partir dunha revisión de literatura, da perspectiva comparada que nos permite visitar outras autorías, pezas e teatros, e da esexese da obra coas ferramentas que ofrece a dramaturxia como disciplina para a ideación de espectáculos, consideramos as innovacións presentes no texto e no proxecto de escenificación que contén.