Contenido principal del artículo

Anxo Serafín Porto Ucha
Departamento de Didáctica e Organización Escolar Universidade de Santiago de Compostela
España
Núm. 21 (2011): Educación inclusiva, Estudios de carácter teórico-investigador
Recibido: 23-04-2012 Aceptado: 25-04-2012 Publicado: 30-04-2012
Derechos de autoría Cómo citar

Resumen

O presente artigo sitúase no contexto das miñas investigacións sobre as Escolas Normais en Galicia e da análise dos contactos con Europa, a partir das relacións establecidas a través da política de pensións. Diante da escasa presenza da educación especial na formación inicial do maxisterio, os mestres, inspectores e profesores de Escola Normal tiveron oportunidade de entrar en contacto cos avances da Escola Nova europea, cuxos froitos terían maior eco no Plano Profesional da Segunda República.
A nivel de exploración documental, como fonte primaria consultáronse os fondos do Arquivo Histórico Universitario de Santiago de Compostela (AHUS), a documentación relativa a Escolas Normais en Galicia e as Memorias e documentación do Arquivo da Secretaría da Xunta para Ampliación de Estudos e Investigacións Científicas (a JAE) entre 1907 e 1936, na Residencia de Estudantes (Madrid).

Detalles del artículo