Contido principal do artigo

Miguel Angel Zabalza Beraza
Universidad de Santiago de Compostela
Spain
https://orcid.org/0000-0002-9490-5438
Núm. 34 (2024): 50 Aniversario dos Estudos de Pedagoxía en Galicia (1974-2024), Traballos por invitación
https://doi.org/10.15304/ie.34.10162
Recibido: 2024-10-02 Publicado: 2024-11-29
Cómo citar Citado por

Resumo

Con motivo do 50 aniversario do título de CC. de Educación da Universidade de Santiago de Compostela (USC), pediuse aos máis vellos da casa que recuperaran a memoria daquela longa viaxe que percorremos xuntos. Iso é o que tentei facer nesta narrativa retrospectiva que mestura o persoal e o académico. Un período de tempo tan longo nunca está libre de luces e sombras. Sería bo quedarse só coas luces, pero para un académico iso non sería unha boa solución. En definitiva, o texto organízase en tres partes: unha primeira parte máis persoal que tenta contextualizar o relato en como foi a miña propia vida nos 46 anos de docencia en Compostela; a segunda parte centrarase na Facultade de CC. da Educación como escenario institucional no os estudios de Educación foron desenvolvéndose ao longo deste tempo; na terceira parte centrareime na que é a miña área de coñecemento, a Didáctica, e na forma en que foi medrando e tropezando durante este longo percorrido. Concluirei o escrito facéndome a pregunta que como recente xubilado non puiden evitar: e ti, profe, fuches feliz todo ese tempo?

Descargas

Os datos de descarga ainda non están dispoñibles.

Detalles do artigo