A Revista anual de Estudos de Seguridade do CESEG, titulada Gladius et Scientia, posúe un carácter multidisciplinar e científico que trata de abranguer o sentido multifacético da seguridade actual. Con ela queremos avanzar nos obxectivos declarados polo CESEG, que se traducen na mellora da nosa calidade democrática e da vida en sociedade desde o estudo e análise científicos. Pretendemos que nesta revista se dean cita autores de primeiro nivel que ofrezan as súas reflexións sobre temas de actualidade, coa finalidade de aportar solucións e avanzar no coñecemento. De carácter internacional, pode conter traballos de diversas ramas do saber, como resposta á heteroxeneidade de retos e ameazas que percuten nas nosas sociedades.
Número/s en curso
Último número
No 3 (2021)
A revista Gladius et Scientia. Revista de Estudios de Seguridad del CESEG publica o seu terceiro número, composto por oito artigos e tres recensións. Neste caso, trátase dun monográfico sobre manipulación informativa que aborda dende o punto de vista xurídico, histórico e filosófico, entre outros, cuestións de trascendencia nacional pero tamén internacional.
Publicado: 2022-12-31