Contido principal do artigo

María Pereira Maceda
Seminario de Gramática da Real Academia Galega
España
Vol 1 (2009), Pescuda
Recibido: 05-11-2013
Copyright Como citar

Resumo

Neste artigo faise unha exposición das variantes de realización que describe a gramática do galego para a posición argumental de complemento directo nos verbos de percepción auditiva oír e escoitar. Pártese dunha caracterización global das posibles realizacións na que se inclúen datos significativos relativos ás frecuencias de uso sobre a base da información recollida nun corpus de textos do galego moderno, compostos entre os anos 1800 e 2000. Logo da sistematización desta casuística de producións lingüísticas reais, preséntase unha proposta explicativa dos criterios estruturais nos que pode xustificarse o uso preferente, ou mesmo requirido, dunha ou outra variante en cada caso. Aplícanse ao corpus de referencia tres liñas complementarias de análise fundamentadas nos seguintes aspectos: a primeira ten en conta os valores correferenciais entre o verbo de percepción e o verbo dependente no caso de o primeiro presentar un complemento directo oracional; nun segundo momento, considéranse as consecuencias gramaticais das diferenzas na conceptualización do percepto e por último aténdese á habilitación de certas marcas de caso con función desambiguadora dos argumentos implicados no esquema básico da transitividade: suxeito e complemento directo. A proposta interpretativa complétase con referencias obrigadas ás condicións sociolingüísticas que orientan o sentido evolutivo do galego ata a actualidade.

Detalles do artigo

Citas

Achard, Michel (1996): “Two Causation/Perception Constructions in French”, Cognitive Linguistics 7, 4: 315–357.

Álvarez, Rosario / Xosé Xove (2002): Gramática da lingua galega. Vigo: Galaxia.

Bello, Andrés (1980): Gramática de la lengua castellana. Madrid: EDAF.

Cidrás Escáneo, Francisco Antonio (1998): “Marcaxe preposicional de obxecto en galego. Emerxencia e vicisitudes dun proceso de gramaticalización sintáctica”, en Dieter Kremer (ed.), Homenaxe a Ramón Lorenzo, vol. 2. Vigo: Galaxia, 569-580.

Cidrás Escáneo, Francisco Antonio (2006): “Sobre o uso da preposición a con OD en galego”, Verba 33, 147-174.

Di Tullio, Ángela L. (1998): “Complementos no flexivos de verbos de percepción física en español”, Verba 25, 197-221.

Dik, Simon C. (1981): Gramática funcional / traducción, glosario de términos técnicos e introducción a la edición española por Fernando Serrano Valverde y Leocadio Martin Mingorance. Madrid: Sociedad General Española de Librería.

Enghels, Renata / Eugeen Roegiest (2004): “Percepción visual y percepción auditiva: la naturaleza del objeto”, en Enrique Serra / Gerd Wotiak (eds.), Cognición y percepción lingüísticas. Valencia: Universitat de València, 47-59.

Freixeiro Mato, Xosé Ramón (2000): “Algunhas cuestións arredor da transitividade en galego”, en Elena Losada / Helena González / Isabel de Riquer (eds.), Professor Basilio Losada: ensinar a pensar con liberdade e risco. Barcelona: Universitat de Barcelona, 387-395.

García-Miguel, José María (2005): “Aproximación empírica a la interacción de verbos y esquemas construccionales, ejemplificada con los verbos de percepción”, Estudios de Lingüística 19, 169- 191.

Haspelmath, Martin (2006): “Against markedness (and what to replace it with)”, Journal of Linguistics 42, 25-70.

Levy, Paulette (1983): Las completivas objeto en español. México: El Colegio de México.

López Martínez, María Sol (1993): O complemento directo con preposición a en galego. Santiago de Compostela: USC (Anexo 36 de Verba).

López Martínez, María Sol (1994): “Unha aproximación descritiva ao uso da preposición a co complemento directo en galego e castelán”, Cadernos de Lingua 9, 111-128.

Lyons, John (1980): Semántica. Barcelona: Teide.

Pena Romay, Xosé Antonio (2004): “Alternancia en galego dos pronomes átonos de acusativo e dativo en verbos que rexan ámbalas dúas posibilidades”, en Rosario Álvarez Blanco / Francisco Fernández Rei / Antón Santamarina (eds.), A lingua galega: Historia e Actualidade, vol. 4. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Instituto da Lingua Galega, 129-137.

Pensado, Carmen (ed.) (1995): El complemento directo preposicional. Madrid: Visor.

Rodríguez Espiñeira, María José (2000): “Percepción directa e indirecta en español. Diferencias semánticas y formales”, Verba 27, 33-85.

Rodríguez Espiñeira, María José (2002): “Las oposiciones léxico-gramaticales entre mirar / ver y escuchar / oír”, en Ramón Lorenzo (coord.), Homenaxe a Fernando R. Tato Plaza. Santiago de Compostela: USC, 473-489.

Roegiest, Eugeen (2003): “Argument structure of perception verbs and actance variation of the Spanish direct object”, en Giuliana Fiorentino (ed.), Romance Objects: Transitivity in Romance Languages. Berlin: Mouton de Gruyter.

TILG = Santamarina, Antón (dir.) (2003): Tesouro Informatizado da Lingua Galega. Santiago de Compostela: USC (base de datos electrónica en URL: http://www.ti.usc.es/TILG).

Vilela, Mário (1992): Gramática de Valências: teoria e aplicação. Coimbra: Livraria Almedina.