A edición de 2020 do Ranking Iberoamericano de Revistas analiza máis de 1200 revistas incluídas no índice REDIB e na Core Collección da Web of Science (WoS). O ranking de revistas científicas establécese a partir de distintos criterios de calidade e impacto das publicacións. A publicación do ILG da USC Estudos de Lingüística Galega (ELG), con once anos de historia, aparece valorada como revista Q2 na categoría Ciencias sociais e Humanidades: lingua e lingüística. Das trinta revistas deste ámbito editadas en España que se avalían no ranking, ELG figura como a décimo terceira mellor valorada.
Ir atrás