Contenido principal del artículo

Xabier Benavides da Vila
Universidade de Vigo
España
https://orcid.org/0000-0002-1070-746X
Vol. 15 Núm. 1 (2023): Estudos de Lingüística Galega, Pescuda
DOI: https://doi.org/10.15304/elg.15.8814
Recibido: 05-11-2022 Aceptado: 30-03-2023 Publicado: 31-08-2023
Imagenes.
Derechos de autoría Cómo citar Citado por

Resumen

Recoñecéndomos o sistema educativo como un dos principais axentes de difusión do estándar, achamos pertinente un estudo que nos permita avaliar o éxito na implementación desta variedade de recente configuración. O presente traballo ofrece unha perspectiva, xeral e comparada en función da lingua inicial e da relación coa variedade estándar do galego, dos estudantes que remataron a Educación Secundaria Obrigatoria. Neste documento preséntanse e analízanse os resultados dunha investigación de corte cuantitativo na que interrogamos unha mostra do alumnado de segundo de bacharelato durante o ano académico 2021/2022. Nas conclusións observaremos como este segmento de poboación lexitima e acepta a variedade normativa sen que isto implique a asunción dos principios da ideoloxía do estándar: a valorización das variedades vernáculas do alumnado prevalece sobre a vontade de converxencia cara ao estándar. Tamén veremos como as persoas que aprenderon a falar en galego, a priori usuarios do galego popular ou tradicional, valóranse mellor a si mesmos como falantes e dominan a norma en maior medida que o resto dos grupos.