Contido principal do artigo

Marta Negro Romero
Universidade de Lisboa
Portugal
Vol 1 (2009), Peneira
Recibido: 05-11-2013
Copyright Como citar

Resumo

No presente artigo analizamos o léxico común estándar do campo semántico das partes da cabeza, polo tanto, a nosa análise encádrase dentro do campo da lexicografía e non da terminoloxía. Para tal fin, traballamos co léxico recollido no Diccionario da Real Academia Galega e no Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega, por consideralas as dúas grandes obras de referencia a nivel normativo, e tamén coas voces utilizadas en textos de carácter literario e nalgúns manuais e libros de texto, xa que son dous medios que poden axudar ao éxito ou fracaso dunha determinada voz fronte a outras. Tras a análise destas fontes verificamos dúas situacións a respecto do léxico patrimonial: por un lado hai formas tradicionais ou acepcións que non se rexistran, e até nalgúns casos só sobrevive o tecnicismo, e por outro lado, algunhas formas autóctonas acabaron por ser secundarizadas fronte a outras co mesmo significado. Por este motivo, na última sección propomos a recuperación ou revitalización a nivel normativo dunha serie de voces tradicionais tendo en conta a súa presenza na tradición lexicográfica, a nivel dialectal e histórico e nas linguas das áreas limítrofes.

Detalles do artigo

Citas

ALEPG = Saramago, João (dir.): Atlas Linguístico-Etnográfico de Portugal e da Galiza. Lisboa: Centro de Linguística da Universidade de Lisboa [material inédito].

ALGa = García, Constantino / Antón Santamarina (drs.) (2005): Atlas Lingüístico Galego. Vol. V. Léxico. O ser humano (I) [coord. por Rosario Álvarez Blanco, Francisco X. Dubert García e Xulio C. Sousa Fernández]. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza / Instituto da Lingua Galega.

ALPI = Tomás Navarro, Tomás (dir.) (1931-1954): Atlas Lingüístico de la Península Ibérica [cadernos inéditos].

Corominas, Joan / José Antonio Pascual (19892): Diccionario crítico etimológico castellano e hispánico. Madrid: Gredos.

DD = Santamarina, Antón (ed.) (20033): Diccionario de diccionarios. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza.

DRAG = Real Academia Galega (20003): Diccionario da Real Academia Galega. A Coruña / Vigo: Real Academia Galega / Galaxia.

Fernández Salgado, Xosé Antonio (2004): “A interferencia do castelán no léxico galego: o castelanismo como recurso eufemístico”, en Antón Santamarina / Francisco Fernández Rei / Rosario Álvarez (eds.), A lingua galega, historia e actualidade. Actas do I Congreso internacional, vol. I. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Instituto da Lingua Galega, 501-507.

García Arias, Xosé Lluis (2002): Diccionario General de la Lengua Asturiana (http://mas.lne.es/diccionario).

GDS21 = Pena, Xosé Antonio (dir.) (2006): Gran Dicionario Século 21 da Lingua Galega. Vigo: Galaxia / Edicións do Cumio.

GDXL = Carballeira Anllo, Xosé Mª (coord.) (2000): Gran Diccionario Xerais da Lingua. Vigo: Xerais.

González Seoane, Ernesto (1994): “Variedade e empobrecemento do léxico”, Cadernos da lingua 10, 89-102.

Gutiérrez Tuñón, Manuel (dir.) (2002): Atlas Lingüístico de El Bierzo, vol. 2. Ponferrada: Instituto de Estudios Bercianos.

Houaiss = Houaiss, António / Mauro de Salles Villar / Francisco Manoel de Mello Franco (dirs.) (2007): Dicionário Eletrônico Houaiss da Língua Portuguesa. Rio de Janeiro: Objetiva.

Moliner, María (2001): Diccionario de uso del español. Madrid: Gredos (Edición Electrónica).

Real Academia Española (2004): Diccionario de la Lengua Española. Madrid: Espasa Calpe.

Sánchez Palomino, Mª Dolores (2003): “O papel dos diccionarios na conformación e difusión da variedade estándar da lingua”, en María Álvarez de la Granja / Ernesto Xosé González Seoane (eds.), A estandarización do léxico. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Instituto da Lingua Galega, 387-418.

Santamarina, A. (1994): “Norma e estándar”, en G. Holtus / M. Metzeltin / C. Schmitt (eds.), Lexikon der Romanistischen Linguistik (LRL), vol. VI/2. Tübingen: Max Niemeyer, 66-79.

Seco, Manuel (dir.) (1999): Diccionario del español actual. Madrid: Aguilar.

TILG = Santamarina, Antón (dir.) (2003): Tesouro Informatizado da Lingua Galega. Santiago de Compostela: USC (base de datos electrónica en URL: http://www.ti.usc.es/tilg) (01/12/2007-31/01/2008).

VOLGa = González González, Manuel / Antón Santamarina Fernández (coords.) (2004): Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega (VOLGa). A Coruña / Santiago de Compostela: Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega.