Contido principal do artigo

Paula Bouzas Rosende
Universidade de Heidelberg
Alemaña
Vol 1 (2009), Peneira
Recibido: 05-11-2013
Copyright Como citar

Resumo

O adxectivo grande presenta ante substantivo dúas variantes: unha plena grande e unha apocopada gran. Na época medieval a forma apocopada tendía a aparecer ante substantivo comezado por consoante, mentres que a variante plena mantíñase ante substantivo que comezaba por vogal. No galego moderno no entanto non se aprecian criterios claros que expliquen a distribución. Con este traballo tentamos analizar a aparición destas variantes en diferentes textos do galego moderno e contemporáneo para tentar definir estes criterios. Para esta análise botamos man dos textos recollidos no Tesouro Informatizado da Lingua Galega (TILG). A pesar da existencia dun certo condicionamento fonético (ante vogal prodúcese unha forte alternancia entre as variantes, mentres que ante consoante a variante gran está máis consolidada), o certo é que o contexto fonético non é decisivo na escolla. Esta parece responder a criterios particulares do autor e, de feito, obsérvanse grandes diferenzas no que respecta ó uso das variantes entre os textos de autores pertencentes a unha mesma época.

Detalles do artigo

Citas

Alonso Estravís, Isaac (1995): Dicionário da língua galega. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco.

Álvarez Blanco, Rosario / Xosé Luís Regueira / Henrique Monteagudo (19956): Gramática Galega. Vigo: Galaxia.

Álvarez Blanco, Rosario / Xosé Xove (2002): Gramática da lingua galega. Vigo: Galaxia.

Carballeira Anllo, Xosé María (coord.) et al. (1986): Diccionario Xerais da Lingua. Vigo: Xerais.

Carballeira Anllo, Xosé María (coord.) et al. (2000): Gran Diccionario Xerais da Lingua. Vigo: Xerais.

Couceiro Freixomil, Antonio (1935): El idioma gallego. Barcelona: Casa editorial Alberto Martín.

Cuveiro Piñol, Juan (1868): El habla gallega. Observaciones y datos sobre su origen y vicisitudes. Pontevedra: Imp. J.A. Antúnez y Cía.

Fernández Salgado, Benigno (dir.) et al. (2004): Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Vigo: Editorial Galaxia.

Fernández Salgado, Benigno / Henrique Monteagudo Romero (1995): “Do galego literario ao galego común. O proceso de estandardización na época contemporánea”, en H. Monteagudo (ed.), Estudios de sociolingüística galega. Sobre a norma do galego culto. Vigo: Galaxia, 99-176.

Freixeiro Mato, Xosé Ramón (20062): Gramática da lingua galega. Vigo: A Nosa Terra.

Hermida, Avelino (2002): Consultor de galego. Vigo: Cumio.

Houaiss, Antônio. / Mauro de Salles Villar, Francisco Manoel de Mello Franco (2001): Dicionário Houaiss da língua portuguesa. Rio de Janeiro: Instituto Houaiss de Lexicografia.

Huber, Joseph (1933): Altportugiesisches Elementarbuch. Heidelberg: Carl Winters Universitätbuchhandlung.

Lugrís Freire, Manuel (1931): Gramática do idioma galego. A Coruña: Imprenta Moret.

Mira Mateus, Maria Helena et al. (20035): Gramática da Língua Portuguesa. Lisboa: Ed. Caminho.

Nunes, José Joaquim (1930): Compêndio de Gramática Histórica Portuguesa. Fonética e Morfologia. Lisboa: Livraria clássica editora.

Pena, Xosé Antonio (dir.) et al. (2005): Gran Dicionario Século 21. Vigo: Editorial Galaxia / Edicións do Cumio.

Saco y Arce, Juan Antonio (1868): Gramática gallega. Lugo: Imprenta de Soto Freire.

Santamarina, Antón (ed.) (2001): Diccionario de diccionarios. A Coruña: Fundación “Pedro Barrié de la Maza” (CD–ROM, versión 2).

TILG = Santamarina, Antón (dir.) (2003): Tesouro Informatizado da Lingua Galega (base de datos electrónica en URL: http://www.ti.usc.es/TILG).