Sobre a estandarización da antroponimia: Anxelo/Anxela e familia
Contido principal do artigo
Resumo
Na primeira parte deste traballo abórdanse cuestións xerais para a estandarización lingüística da antroponimia, tendo en conta a súa pertenza ó nivel léxico e as cuestións legais pertinentes que regulan xuridicamente o seu uso e modificación. Despois exemplifícanse os ditos criterios co caso do nome Anxelo / Anxela, e as distintas formas que foi xerando co paso do tempo. Dáse conta da súa historia en Galicia, desde a súa aparición, contra o século XVII, a existencia de formas propiamente galegas e a castelanización nos rexistros ofi ciais, o seu rápido ascenso e a aparición das novas formas no séc. XX. Os datos históricos tíranse fundamentalmente dos Catastros de Ensenada, para o século XVIII, e o censo do Instituto Nacional de Estadística (INE-Madrid) correspondente ó ano 2002, para o século XX. Finalmente, propóñense as formas consideradas estándares, de entre todas as contabilizadas nas diversas fontes.
Palabras chave
Detalles do artigo
Citas
Boullón Agrelo, Ana Isabel (2007a): “A escolla dos nomes en Galicia a finais do século XX”, en Luz Méndez / Gonzalo Navaza (eds.), “Actas do I Congreso Internacional de Onomástica “Frei Martín Sarmiento”. Santiago de Compostela, 2, 3 e 4 de setembro de 2002”. Santiago de Compostela: Asociación Galega de Onomástica / Instituto da Lingua Galega, 99-114.
Boullón Agrelo, Ana Isabel (2007b): “Cara a unha estandarización da onomástica galega”, en David Trotter (ed.), “Actes du XXIVe Congrès International de Linguistique et de Philologie Romanes. Aberystwyth, 1er–6 août 2004”, vol. 2. Tübingen: Max Niemeyer, 3-16.
Boullón Agrelo, Ana Isabel (2007c): “Farruco, Paco, Fran: datos históricos e evolución dos hipocorísticos en Galicia”, Revista Galega de Filoloxía 8, 11-56.
DNG = Ferro Ruibal, Xesús (dir.) / Ana I. Boullón Agrelo / José Mª Lema / Fernando R. Tato Plaza / J. M. García (1992): Diccionario dos nomes galegos. Vigo: Ir Indo.
Lema, Xosé Mª (2006): Onomástica histórica dunha parroquia galega: Berdoias (1607-2000). I. Os nomes masculinos. Santiago de Compostela: Asociación Galega de Onomástica / Instituto da Lingua Galega. [Inclúe un CD-Rom]. Rec.: RIOn 13 (2007), 2, 620-1.
Navaza, Gonzalo (2002): “A galeguización de nomes e apelidos: estado da cuestión”, en Actas dos IV Encontros para a Normalización Lingüística (9 e 10 de Novembro de 2000). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, [263]-271. http://www.consellodacultura.org/mediateca/pubs.pdf/IVencontros.pdf
Seixas Subirá, Xaime (1977/19844): 400 nomes galegos pra homes e mulleres. Santiago: SEPT.
Villares Naveira, Luís (2007): “Aspectos legais sobre a imposición e o cambio dos nomes e apelidos”, en Luz Méndez / Gonzalo Navaza (eds.), Actas do I Congreso Internacional de Onomástica “Frei Martín Sarmiento”. Santiago de Compostela, 2, 3 e 4 de setembro de 2002. Santiago de Compostela: Asociación Galega de Onomástica / Instituto da Lingua Galega, 353-361.
Artigos máis lidos do mesmo autor/a(s)
- Ana Isabel Boullón Agrelo, A gheada na onomástica (achegas á estandarización) , Estudos de Lingüística Galega: Vol 4 (2012)