Contido principal do artigo

Rocío García-Pedreira
LITER21-Universidade de Santiago de Compostela
España
http://orcid.org/0000-0002-5102-5078
Biografía
No 60 (2022), Notas, páxinas 1-8
DOI https://doi.org/10.15304/bgl.60.8773
Recibido: 23-10-2022 Aceptado: 23-11-2022 Publicado: 26-12-2022
Imaxes
Copyright Como citar Artigos máis lidos do mesmo autor/a(s) Citado por

Resumo

A narrativa protagonizada pola pequena Alicia, creada por Lewis Carroll a finais do século XIX, segue ocupando un lugar destacado no imaxinario colectivo de pequenos e maiores, tanto pola súa consolidación como un clásico da Literatura Infantil e Xuvenil como pola multitude de reescrituras literarias e fílmicas que suscitou. O obxectivo desta nota é facer unha análise dende a perspectiva de xénero da reescritura literaria libre, de uso ideolóxico e en formato álbum ilustrado, titulada La esposa del Conejo Blanco, escrita e ilustrada por Gilles Bachelet. Os resultados mostran a intención clara de obra de facer unha denuncia e crítica social á instancia do matrimonio como mecanismo de subxugación da muller, sen por iso perder calidade estética e literaria nin orixinalidade. Na conclusión final evidénciase que a combinación de texto e imaxe mediante diversos tipos de interacción e o uso do sarcasmo, agochado nas palabras da protagonista, que gañan un novo sentido co acompañamento da ilustración, reforza a vinculación da obra co público non infantil, cuxas problemáticas se expoñen e denuncian no álbum.