Resumo

A condesa de Bardo Bazán (1851-1921) é unha das figuras máis importantes da cultura decimonónica europea. A súa curiosidade insaciable levouna a explorar múltiples áreas do saber, converténdose en especialista de todo aquilo sobre o que estudaba. A súa erudición inmensa e admirable, fixo dela un referente que, con todo, foi obxecto de burlas e chanzas por parte dalgúns dos seus coetáneos que a alcumaron: "a inevitable doña Emilia". Exploradora do mundo, en libros e viaxes, Pardo Bazán tivo gran coñecemento da cultura rusa e soubo plasmala en toda a súa dimensión, tanto nas súas crónicas viaxeiras como en varios dos seus contos. Dous deles, escritos en 1907 e 1910, mostran as súas inquietudes respecto a a situación política en Rusia e a influencia que a novelística de Tolstoi e Dovstoyesky exerceu no seu apoio cara aos máis oprimidos da sociedade zarista.