Contido principal do artigo

Rocío García-Pedreira
CIEC, Instituto de Educação-Universidade do Minho/Instituto de Ciencias da Educación-Universidade de Santiago de Compostela
España
http://orcid.org/0000-0002-5102-5078
Biografía
No 61 (2023), Notas
DOI https://doi.org/10.15304/bgl.61.9440
Recibido: 15-10-2023 Aceptado: 22-10-2023 Publicado: 20-12-2023
Imaxes
Copyright Como citar Artigos máis lidos do mesmo autor/a(s) Citado por

Resumo

O xogo de cartas Alakazum!, da editorial Zombi Paella, constrúe unha narrativa multimodal protagonizada por distintos personaxes propios do folclore andaluz, catalán, galego, valenciano e vasco, quen deben acumular poder para vencer un dos inimigos finais, provenientes da cultura norteamericana. Co propósito de estudar como se artella a proposta, así como de comprobar se a linguaxe de certos xogos de mesa modernos pode ser utilizada de xeito análogo a outros medios artísticos na creación de artefactos culturais de signo estético, o presente traballo realiza unha análise paratextual e discursiva de Alakazum! Os resultados evidencian unha grande orixinalidade na elaboración da narrativa, cuxa construción comparte certas características doutras linguaxes, mais tratadas dun xeito novidoso, dando como resultado un código propio con independencia semántica e constitutiva. Ademais, evidénciase o potencial destas propostas para a construción de intertextos lectores plurais, con referencias provenientes de sistemas alén do literario, que se volven imprescindíbeis para a formación dun lectorado competente do século XXI.