Marta Negro Romero é licenciada en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela. Está vinculada ao ILG desde o ano 2002, onde traballou en diversos proxectos relacionados coa xeografía lingüística. Na actualidade é investigadora no proxecto Análise dialectométrica dos datos do Atlas Lingüístico Galego e colaboradora no proxecto internacional Tesouro do léxico patrimonial galego e portugués. Entre os anos 2004 e 2008 foi docente do Departamento de Linguística Geral e Românica e colaboradora da Cátedra de Estudos Galegos da Faculdade de Letras da Universidade de Lisboa.
Está a realizar a súa tese de doutoramento sobre o tema Procesos de cambio lingüístico no galego contemporáneo. O léxico referido ás partes da cabeza baixo a dirección da profesora Rosario Álvarez Blanco. O seu labor investigador céntrase na xeografía lingüística, a variación e cambio lingüístico e a lexicografía.